Saltar ao contido

Panticosa

Modelo:Xeografía políticaPanticosa
Imaxe

Localización
Mapa
 42°43′27″N 0°17′04″O / 42.724166666667, -0.28444444444444
EstadoEspaña
Comunidade autónomaAragón
ProvinciaProvincia de Huesca Editar o valor en Wikidata
CapitalPanticosa (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación894 (2023) Editar o valor en Wikidata (9,32 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie95,904794 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude1.184 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataRicardo Laguna Belio (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal22661 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE22170 Editar o valor en Wikidata

Páxina webpanticosa.es Editar o valor en Wikidata
BNE: XX454619

Panticosa (Pandicosa, en aragonés) é un concello aragonés da provincia de Huesca, situado na comarca do Alto Gállego. A súa poboación é de 819 habitantes (2010) e ten unha superficie de 95,9 km². No concello localízase a estación de esquí de Aramón Panticosa.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

O municipio está sito ao norte da provincia de Huesca, no val do Tena, enclavado nos Pireneos. Dista 95,9 km da cidade de Huesca.

Entidades

[editar | editar a fonte]

O concello componse de tres localidades: Panticosa, Baños de Panticosa e El Pueyo de Jaca.

Vista xeral de Panticosa.

Os romanos coñeceron e aproveitaron as augas termais do aínda subsistente balneario de Panticosa. Fican restos dun balneario romano, de difícil acceso, con moedas de ofrenda das épocas de Augusto e Tiberio.

Afonso XII frecuentou o balneario moderno de Panticosa, o que explica parte da decoración do complexo hoteleiro.

Dialecto aragonés

[editar | editar a fonte]

O falar pandicuto é a variante mellor conservada e máis viva do aragonés tensino ou do Val de Tena.

O topónimo

[editar | editar a fonte]

O nome pode proceder do latín FONTICOSA, con influencia fonética vasca, no que evolúe F- inicial a p- como en pago (< fagu), o que se observa tamén en aragonés pantasma. A forma aragonesa Pandicosa con -nd- documentouna como minoritaria Francho Nagore, cando realizou a súa tese sobre o aragonés local, e está documentada en textos medievais de entre 1425 e 1450.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]