Palamedes (lenda artúrica)
Aparencia
Palamedes, tamén coñecido como Palamede ou Palomides, é un cabaleiro da Táboa Redonda e un personaxe recorrente nas lendas da Materia de Bretaña.
É descrito como un pagán sarraceno que se converte ó cristianismo de xeito tardío na súa vida. O seu amor non correspondido por Iseu lévao a estar en frecuente conflito con Tristán. O seu pai é o rei Esclabor, e os seus irmáns Safir e Segwarides tamén son cabaleiros da Táboa Redonda.