Saltar ao contido

Pablo Vázquez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPablo Vázquez

(2024) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Pablo Vázquez Pérez Editar o valor en Wikidata
7 de outubro de 1994 Editar o valor en Wikidata (30 anos)
Gandia, España Editar o valor en Wikidata
Altura1,84 m.
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2014 Editar o valor en Wikidata -
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDefensa central
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
Ontinyent Club de Futbol

Pablo Vázquez Pérez, nado en Gandia o 7 de outubro de 1994, é un futbolista español, que xoga de defensa central no Deportivo da Coruña, da Segunda División. Pode ocupar tamén a posición de centrocampista defensivo.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nado en Gandia, formouse como futbolista nas canteiras de tres clubs valencianos: Tavernes, Crack's e Huracán.[1] En 2013 debutou na Tercera División, nas filas do CD Llosa, e en xuño de 2014 fichou polo Ontinyent CF, da mesma categoría, onde se fixo inmediatamente coa titularidade.[2]

Na tempada 2015/16 xogou no San Fernando,[2] antes de fichar en 2016 polo Córdoba B.[3] Co filial verde xogou un total de 34 partidos na Segunda División B, marcando 4 goles. O 12 de outubro de 2016 debutou co primeiro equipo do Córdoba, nun partido da Copa do Rei ante o Cádiz que rematou con vitoria cordobesa por 2-1.[4]

En xullo do ano seguinte fichou por un novo filial: o Granada B.[5] Despois de seis meses no club e de disputar 20 partidos, todos completos, o seu bo rendemento valeulle ser cedido no mercado invernal a un equipo da Segunda División: o Alcorcón.[6] Debutou na categoría de prata na 23ª xornada, contra o Cádiz, substituíndo na segunda parte ao galego Jonathan Pereira.[7] Con todo, só disputou catro partidos máis co club de Alcorcón.

A continuación regresou a Andalucía, onde asinou un novo contrato, xa con ficha do primeiro equipo do Granada.[8] Con todo, non chegou a xogar ningún partido de liga co equipo nazarí, disputando só un partido de Copa do Rei ante o Elche no que marcou un gol. Ante a falta de minutos, para a segunda parte da tempada saíu cedido á Cultural Leonesa, de Segunda B, onde foi titular en todas as restantes xornadas.[9]

Trala fin da súa cesión rescindiu o seu contrato co Granada e fichou polo Badajoz.[10][11] Militou dúas campañas no equipo estremeño, xogando un total de 52 partidos, nos que marcou 8 goles, e disputou dúas veces a fase de ascenso a Segunda. En xuño de 2021 asinou como novo xogador do FC Cartagena, co que xogou durante dous anos na Segunda División, contabilizando un total de 57 partidos e 4 goles.[12]

No verán de 2023 fichou polo Deportivo da Coruña, da Primeira División RFEF.[1]

Palmarés

[editar | editar a fonte]
Deportivo da Coruña
  1. 1,0 1,1 "Pablo Vázquez, novo xogador do Dépor 2023-24". 15 de xullo de 2023. Consultado o 4 de setembro de 2023. 
  2. 2,0 2,1 "De rival, a parte del proyecto" (en castelán). 29 de xullo de 2015. Consultado o 3 de setembro de 2023. 
  3. "La encrucijada de la defensa" (en castelán). 31 de outubro de 2016. Consultado o 3 de setembro de 2023. 
  4. "El Córdoba muestra mejores condiciones en el Carranza". Marca (en castelán). 12 de outubro de 2016. Consultado o 4 de setembro de 2023. 
  5. "El Granada B incorpora 18 nuevos jugadores a su plantilla" (en castelán). 10 de xullo de 2017. Consultado o 4 de setembro de 2023. 
  6. "Hongla, cedido al Barça B y a Pablo Vázquez al Alcorcón". As (en castelán). 16 de xaneiro de 2018. Consultado o 4 de setembro de 2023. 
  7. Jiménez, Álex (21 de xaneiro de 2018). "Un acertado Alcorcón cierra el grifo a la racha del Cádiz". Marca (en castelán). Consultado o 4 de setembro de 2023. 
  8. "El Granada CF renueva a Pablo Vázquez" (en castelán). 16 de agosto de 2018. Consultado o 4 de setembro de 2023. 
  9. "Cesión de Pablo Vázquez" (en castelán). 23 de xaneiro de 2019. Consultado o 4 de setembro de 2023. 
  10. "Pablo Vázquez se desvincula del Granada CF" (en castelán). 23 de xuño de 2019. Consultado o 4 de setembro de 2023. 
  11. "Pablo Vázquez ficha por el Badajoz tras desvincularse del equipo" (en castelán). 23 de xullo de 2019. Consultado o 4 de setembro de 2023. 
  12. "Pablo Vázquez, un central contundente y de garantías para la defensa del Efesé" (en castelán). 18 de xuño de 2021. Consultado o 4 de setembro de 2023. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]