P. P. Arnold
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2019.) |
(2007) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 3 de outubro de 1946 (78 anos) Os Ánxeles, Estados Unidos de América |
Outros nomes | P. P. Arnold |
Actividade | |
Ocupación | cantante |
Período de actividade | 1966 - |
Xénero artístico | Soul |
Instrumento | Voz |
Selo discográfico | Immediate Records (pt) |
Familia | |
Parella | Mick Jagger (1966–1967) |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Sitio web | pparnold.com |
Patricia Ann Cole, nada nos Ánxeles (California) o 3 de outubro de 1946, é unha cantante de soul estadounidense, máis coñecida como P. P. Arnold.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]1946 a 1965
[editar | editar a fonte]Criada nunha familia de cantantes de gospel, Arnold casou nova e tivo dous fillos. Tivo diversos traballos até que Maxine Smith, ex parella do seu irmán, avisouna de que ela e a súa amiga Gloria Scott conseguiran unha audición para encontrar tres rapazas para substituír as orixinais Ikettes, un trío de baile e canto que acompañaba a Tina Turner no espectáculo Ike & Tina Turner. Arnold deixou o seu home despois de que lle batese, e logo de deixar os fillos a cargo dos seus pais, uniuse ao espectáculo de Ike & Tina Turner.
1966 a 1969
[editar | editar a fonte]Logo de varios anos xirando polos Estados Unidos con Ike & Tina Turner, chegaron a Inglaterra en 1966, actuando xunto a The Rolling Stones. Mick Jagger convenceu ao representante do grupo, Andrew Loog Oldham, para que contratase a Arnold no seu novo selo discográfico Immediate Records. Ela deixou a banda de Turner e quedou en Londres para consolidar unha carreira como solista.
Arnold tivo diversos éxitos con Immediate Records, incluíndo cancións escritas para ela por Steve Marriott e Ronnie Lane, do grupo Small Faces, quen tamén colaboraron con ela en varios discos. Pola súa parte, Arnold cantou no éxito de Small Faces "Tin soldier", e saíu con eles de xira durante 1968.
A súa primeira banda de apoio, The Blue Jays, fora herdada da cantante estadounidense de soul Ronnie Jones. Durante este período estivo de xira con Jimi Hendrix, The Who, The Kinks, Blind Faith e David Bowie. Algúns dos seus éxitos desa época foron a versión de "The First Cut is the Deepest", "Angel of the Morning" e "(If You Think you're) Groovy". Outra das súas bandas de acompañamento converteríase despois en The Nice.
Despois do colapso de Immediate Records a finais da década de 1960, Arnold firmou un contrato de produción coa Robert Stigwood Organisation. Lanzou dous sinxelos co selo Polydor Records, producidos por Barry Gibb de Bee Gees.
1970 a 1980
[editar | editar a fonte]En 1970 Pat apareceu canda a P.J. Proby no musical de rock Catch my soul. Despois formou unha nova banda de apoio cos futuros membros do trío Ashton, Gardner & Dyke, ademais de Steve Howe, que máis tarde se uniría a Yes. Nesta etapa saíu de xira con Eric Clapton, quen produciu un gran número de temas que nunca foron lanzados. Nestas sesións de gravación coñeceu o baixista estadounidense Fuzzy Samuels, de Crosby, Stills and Nash (and Young), con quen casou e tivo un fillo.
A mediados da década de 1970 Arnold e Samuels regresaron aos Ánxeles. Ao pouco separáronse, e a súa filla Debbie faleceu nun accidente de tráfico. Tras a morte da súa filla, Arnold retirouse da vida pública por un tempo. En 1978 uniuse de novo con Barry Gibb, quen quería completar o álbum en solitario dela. O proxecto non saíu adiante, mais Arnold formou equipo co irmán máis novo de Barry, Andy Gibb, para gravar a canción de Carole King "Will You Love me Tomorrow". Posteriormente, Pat formou unha nova banda, Inner Circle, que non tivo éxito.
En 1999 P.P. Arnold uniuse á banda de Roger Waters, membro fundador de Pink Floyd, como corista principal na xira In the Flesh. A finais de 2002 Waters iniciou outra xira do disco The Dark Side of the Moon, na que Arnold colaborou en temas como "Perfect Sense", do álbum de Waters Amused to Death.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: P. P. Arnold |
- P. P. Arnold na IMDb (en inglés).