Orella de Xudas
Orella de Xudas | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||
Pouco preocupante | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
'Auricularia auricula-judae[1] (Bull.) Quél. 1886 | |||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||
|
Auricularia auricula-judae, comunmente coñecido como orella de Xudas, é un fungo basidiomiceto comestible, da orde Auriculariales. O epíteto específico auricula-judae, en latín, significa "orella de Xudas".[2][3]
Descrición
[editar | editar a fonte]Nace en forma de cuncha de cor parda escura, coa cara externa un pouco máis pálida que a interna e, a medida que vai crecendo, toma a forma dunha orella coa marxe engurrada. O esporocarpo, ou corpo frutífero, é de consistencia xelatinosa, deshidrátase en ambiente seco e recobra a elasticidade coa humidade.
Pola parte de encima é máis pálido que pola de abaixo, que está percorrida por unha especie de pregos moi irregulares.
Hábitat
[editar | editar a fonte]Crece habitualmente en grupos, sobre ramas mortas de sobreiras, platanáceas, sabugueiros, piñeiros, freixos, pradairos negundos e outras coníferas e latifoliadas.
O corpo frutífero adoita aparecer no outono en lugares húmidos, despois das choivas, pero ocasionalmente pódese encontrar na primavera e no verán.
Gastronomía
[editar | editar a fonte]É comestible e moi apreciado na cociña oriental (é o "fungo negro" dos restaurantes chineses, en China cultívanse sobre troncos mortos).
Pode comerse cru, aínda que non ten un sabor moi marcado, pero polo seu aspecto emprégase como decoración de ensaladas. Tamén pode comerse frito ou en sopas
Pode gardarse seco e se se pon a remollo antes de usalo recupera a súa consistencia xelatinosa.[4]
Medicinais
[editar | editar a fonte]Ten propiedades antibióticas e antiinflamatorias.[5]
Galería
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Auricularia auricula-judae". Catalogue of Life (2010 Annual Checklist) (en inglés). ITIS.
- ↑ Grünert, H.; Grünert, R.; VV.AA. (1984). Guías de Naturaleza Blume: Setas (t. original:"Pilze"). Barcelona: Blume. p. 268. ISBN 84-87535-11-9.
- ↑ Phillips, Roger (2006), Mushrooms. Pub. McMilan, ISBN 0-330-44237-6. P. 317.
- ↑ Pascual, Ramon: Els bolets (on surten, com es coneixen, com es cuinen). Editorial Pòrtic, S.A., Barcelona, outubro de 1997. Col·lecció Els manuals de Pòrtic, núm. 1. ISBN 84-7306-965-X, planes 58-59.
- ↑ "Auricularia auricula-judae". Plantas útiles: Linneo. Arquivado dende o orixinal o 1 de decembro de 2009. Consultado o 29 de outubro de 2009.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Vexa a entrada do Galizionario acerca de orella de Xudas |
- Photographs & details
- Speciality Mushrooms
- Società di Micoterapia Arquivado 30 de setembro de 2011 en Wayback Machine.
- Medicinal Mushroom Society Arquivado 10 de xaneiro de 2014 en Wayback Machine.
- Funghi Vitalia - Auricularia