Onneca Fortúnez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 848 Pamplona, España |
Morte | Despois de 890 Pamplona, España |
Infanta of Navarre (en) | |
Datos persoais | |
Outros nomes | Durr |
Relixión | Cristianismo e Islam |
Familia | |
Familia | House of Íñiguez (en) |
Cónxuxe | Aznar Sánchez de Larraún (882–890) Abdallah ibn Muhammad (862–882) |
Fillos | Sancha Aznárez de Pamplona () Aznar Sánchez de Larraún Toda Aznárez de Pamplona () Aznar Sánchez de Larraún |
Pais | Fortuna Garcês e Auria |
Onneca Fortúnez ou Íñiga Fortúnez,[1][2] nada cara ao 848 e finada despois do ano 890, foi unha princesa vasca[3] do Reino de Pamplona, posteriormente chamado Reino de Navarra.[4] Foi filla do rei Fortún Garcés de Pamplona e a súa muller Oria.
Na época na que naceu Onneca, a Península Ibérica atopábase baixo o dominio da dinastía musulmá Omeia. Só os reinos do norte de Asturias e Pamplona eran cristiáns, perpetuando as tradicións hispano-romanas visigodas. Onneca era membro da casa real dos Íñiguez, que facía honra ó seu bisavó Íñigo Arista, quen fundara o Reino de Pamplona contra o ano 824.[5] A información sobre a vida de Onneca é parcial. Os datos biográficos sobre ela proveñen de dúas fontes principais: o Códice de Roda e dos relatos de historiadores musulmáns de Al-Andalus, que fan referencia a Onneca polo nome árabe Durr (در), que significa "perla".
Onneca é principalmente coñecida por casar cun príncipe da dinastía Omeia. Aínda que as unións matrimoniais entre concubinas escravas cristiás e gobernantes musulmáns eran frecuentes, o caso de Onneca é un dos poucos exemplos nos cales unha princesa cristiá contraeu matrimonio coa realeza musulmá.[1] Este matrimonio xerou alianzas familiares entre as familias gobernantes cristiás e musulmás da Península Ibérica conducindo, inicialmente, a unha colaboración estreita entre a Casa de Íñiguez e os musulmáns omeias.[6] Os efectos políticos do casamento de Onneca tiveron repercusión despois da súa morte, que se produciu en data incerta.