Ofensiva
Ofensiva | |
---|---|
Orixe | Vigo, provincia de Pontevedra, Galicia |
Período | 2004 - 2007 |
Xénero(s) | hardcore punk |
Selo(s) discográfico(s) | Fragment Records, Días de Juventud |
Membros | Jacobe, Anxo (Gelucho), Contxu, David, Panzas. |
Antigos membros | Flyn (2004 - 2006) |
Na rede | |
MySpace dedicado a Ofensiva |
Ofensiva foi unha banda de hardcore xurdida na cidade de Vigo.
Características
[editar | editar a fonte]Fundados con músicos provenientes de bandas como Skacha e Kalashnikov[Cómpre referencia], esta banda facía un hardcore agresivo que ben se podía encadrar co que practican as bandas do chamado New York Hardcore (Terror, Hatebreed).
A banda cantaba as súas cancións en galego e escribían os seus textos na ortografía reintegrada do galego. Após teren dado unha gran cantidade de concertos[Cómpre referencia], deciden separarse a finais de 2007.
Un ano antes da súa separación, o seu vocalista, Flyn, abandona a banda. No 2006, tocan na primeira edición do Viveiro Resurrection Fest compartindo escenario con bandas como Sick Of It All ou Devil In Me.
O contido das letras era principalmente social, aínda que centrándose na crítica socio-política.
Discografía
[editar | editar a fonte]- A Última Palavra (2006)
Integrantes
[editar | editar a fonte]- Anxo (Gelucho) (2006-07) - vocalista
- Jacobe - guitarra
- Gontxu - baixo
- David - batería
- Panzas(2006-07) - guitarra
Ex-Integrantes
[editar | editar a fonte]- Flyn (2004-06) - vocalista