Saltar ao contido

Ocean Software

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ocean Software
Logo
Tipodesenvolvedora de videoxogos e distribuidora de videoxogos
Data de fundación1983
Data de disolución1998
Traballos destacadosHollywood Collection e The Great Escape
SedeManchester
PaísReino Unido
editar datos en Wikidata ]

Ocean Software foi unha compañía británica de software, un dos meirandes desenvolvedores europeos de software. Fundárona David Ward e Jon Woods a fins de 1983, tiña a súa sede na cidade de Manchester.

Historia e características

[editar | editar a fonte]

Ocean realizou ducias de xogos para unha gran variedade de ordenadores, ZX Spectrum, Commodore 64, Amstrad CPC, Atari ST, Amiga, PC e videoconsolas como NES e SNES. Nos primeiros anos realizou sobre todo versións de xogos de máquinas recreativas para as que non precisaba licenza ao non ser copias exactas. Despois realizou conversións con licenza de xogos de máquinas recreativas de filmes. A fins de 1984 adquiriu a compañía Imagine Software xa que non podían lanzar tantos produtos como demandaba o mercado cunha única empresa. En 1998 Infogrames adquiriu Ocean por 100.000.000 de libras, o último programa en saír co nome de Ocean foi GT 64: Championship Edition para Nintendo 64

Videoxogos

[editar | editar a fonte]