Saltar ao contido

Obús (grupo musical)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Obús
OrixeMadrid, España
Período1980–presente
Xénero(s)hard rock, heavy metal
MembrosFrancisco Laguna
Fernando Sánchez
Fortu Sánchez
Nacho García
Na rede
http://www.obusnet.com
Facebook: obusoficial Twitter: obusoficial MySpace: obusrock Vimeo: channels Spotify: 5OImtJcOmtdm3MkR1yLHkp iTunes: 32947026 Last fm: Obús Musicbrainz: 6de071b1-e801-4ef6-926a-ebb8e9eea0b8 Songkick: 555480 Discogs: 1026246 Allmusic: mn0000252641 Deezer: 77221 Editar o valor en Wikidata

Obús é un grupo español de música rock con orixe en Madrid, fundado a comezos dos anos 80.

Nos primeiros meses de 1980 dous mozos madrileños, Juan Luis Serrano e Francisco Laguna, baixista e guitarrista, que xa coincidiran en outras formacións como Red Box e Madrid 20, decidiron formar Obús. Para completar o grupo chamaron o persusionista Manolo Caño (Mazo).

Así continuaron ata abril de 1981, mes no que Manolo Caño foi substituído por Fernando Sánchez; asemade incorpórase Fortu Sánchez como vocalista. Ata ese intre os encargados de poñerlle voz ás cancións eran Juan Luis e Paco.

Obús gañou a terceira edición do concurso de rock Villa de Madrid, o que lles serviu para asinar o seu primeiro contrato discográfico con Chapa Discos.

En xullo de 1981 entraron no estudio e comezaron a gravar o seu primeiro álbum, "Prepárate", producido por Tino Casal e Luis Soler, contando coa colaboración de Luis Cobos.

Nada máis ver a luz, o disco catapultou o grupo á fama, chegando ao número un de Los 40 Principales.

En 1982 sacaron o seu segundo álbum, "Poderoso como el Trueno", seguindo a liña do primeiro.

En 1984 chegoulles o momento da consagración co lanzamento do seu terceiro disco, "El Que Más", gravado nos Mediterráneo Studios de Eivisa, coa axuda do enxeñeiro de Judas Priest.

En 1987 tiñan suficientes cancións como para dicidirse a gravar un dobre disco en directo, "En directo" 21-2-87. Aínda que a música heavy en España ía perdendo forza, Obús volveu en 1996 aos escenarios e en absoluto silencio comezaron a compoñer novos temas, que se viron reflectidos no seu regreso discográfico, en outubro do 2000, co disco "Desde el fondo del abismo".

Dende xuño de 2004 o grupo conta cun novo baixista, Nacho García. En setembro de 2006 publicouse un novo disco recompilatorio.

  • Francisco Laguna: guitarra e coros.
  • Fernando Sánchez: batería.
  • Fortu Sánchez: voz.
  • Nacho García: baixo e coros.

Discografía

[editar | editar a fonte]

Álbums de estudio

[editar | editar a fonte]

Recompilatorios

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]