Nuria Rábano
Nome orixinal | Nuria Rábano Blanco | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacemento | 15 de xuño de 1999 (25 anos) Santiago de Compostela, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 1,65 m. | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Lateral esquerda | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nuria Rábano Blanco, nada en Ames o 15 de xuño de 1999, é unha futbolista galega que xoga de lateral esquerda no VfL Wolfsburg, da Bundesliga.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nada en Ames, comezou a xogar ao fútbol no Milladoiro SD, onde exercía como adestrador seu pai, o ourensán Javier Rábano.[1][2] Xogou con nenos durante máis dunha década, ata que aos 16 anos deu o salto a un equipo puramente feminino, o Atlético Arousana de Vilagarcía.[3][1]
Despois dunha soa tempada no club vilagarcián, foi fichada polo Deportivo da Coruña, que viña de crear a súa nova sección feminina. Xogou de inicio o primeiro partido oficial da historia do club e a pesar da súa xuventude, axiña se converteu en titular indiscutible.[4][2] Comezou xogando como extremo e incluso dianteira, ata que Manu Sánchez atrasou a súa posición ata o lateral, onde as súas actuacións a levaron ás categorías inferiores da selección española.[5] En 2019 debutou na Primeira División, despois de conseguir o ascenso na tempada anterior.[6]
En 2020, fichouna o Real Sociedad, equipo co que na tempada 2021/22 conseguiu un subcampionato de liga e a clasificación para xogar a Liga de Campións o próximo ano.[7]
O 17 de xuño de 2022 anunciouse a súa fichaxe polo FC Barcelona.[8] Co equipo adestrado polo tamén galego Jonatan Giráldez conquistou o título de liga de xeito asoballante, con 28 vitorias en 30 partidos e despois de encaixar só 10 goles durante a competición.[9] Chegou tamén á final da Liga de Campións, onde se proclamou campioa ao derrotar ao VfL Wolfsburg, aínda que permaneceu no banco todo o partido.[10] Foi a segunda Champions para o club e o terceiro título da tempada, despois de gañar tamén a Supercopa de España.
En agosto de 2023 anunciouse a súa fichaxe polo VfL Wolfsburg, da Bundesliga.[11]
Selección española
[editar | editar a fonte]Foi internacional coas categorías inferiores da selección española e proclamouse subcampioa do Mundial sub-20 de 2018.[12] En outubro de 2022 debutou coa selección española absoluta, nun partido ante Suecia no Estadio Nuevo Los Cármenes, onde substituíu na segunda metade a Olga Carmona.[5]
Palmarés
[editar | editar a fonte]- Deportivo da Coruña
- Segunda División (1): 2018/19.
- FC Barcelona
- Primeira División (1): 2022/23.
- Supercopa de España (1): 2023.
- Liga de Campións (1): 2022/23.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "El fútbol no entiende de sexos" (en castelán). 3 de agosto de 2019. Consultado o 1 de xaneiro de 2024.
- ↑ 2,0 2,1 Rábano, Nuria (28 de marzo de 2017). "Nuria Rábano, la alumna aventajada que sigue los pasos de Vero Boquete". La Región (en castelán). Consultado o 1 de xaneiro de 2024.
- ↑ "Nuria Rábano Blanco". aupaathletic.com. Consultado o 13 de xuño de 2021.
- ↑ "RC Deportivo y Oviedo Moderno empatan sin goles en el partido debut de las blanquiazules en Liga 0-0" (en castelán). 4 de setembro de 2016. Consultado o 1 de xaneiro de 2024.
- ↑ 5,0 5,1 "Nuria Rábano, pasajera número 46". Marca (en castelán). 8 de outubro de 2022. Consultado o 1 de xaneiro de 2024.
- ↑ "Nuria Rábano: “Me costó salir, pero tenía que mirar por mí”". dxtcampeon.com. 18 de xuño de 2020. Consultado o 13 de xuño de 2021.
- ↑ "Ficha de Nuria Rábano Blanco". realsociedad.eus. Consultado o 13 de xuño de 2021.
- ↑ "O Barça ficha á exdeportivista Nuria Rábano". laopinioncoruna.es. 10 de xuño de 2022. Consultado o 17 de xuño de 2022.
- ↑ "Un Barcelona imbatible logra su cuarta Liga consecutiva". El País (en castelán). 30 de abril de 2023. Consultado o 4 de xuño de 2023.
- ↑ "¡CAMPEONAS! Un Barça Femení histórico remonta y gana su 2ª Champions League (3-2)" (en castelán). 3 de xuño de 2023. Consultado o 1 de xaneiro de 2023.
- ↑ "La exdeportivista Nuria Rábano tiene nuevo destino: el Wolfsburg alemán". DxT Campeón. 9 de agosto de 2023. Consultado o 1 de xaneiro de 2023.
- ↑ Antelo, Iván (25 de xaneiro de 2020). "Nuria Rábano: "Llegué a deprimirme"". La Voz de Galicia. Consultado o 13 de xuño de 2021.