Nikolai Leskov
Nome orixinal | (ru) Николай Леско́в |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 4 de febreiro de 1831 (Xuliano) Q23879935 |
Morte | 21 de febreiro de 1895 (Xuliano) (64 anos) San Petersburgo, Rusia |
Causa da morte | asma |
Lugar de sepultura | Literatorskie mostki |
Actividade | |
Ocupación | escritor, prosista, xornalista de opinión, dramaturgo, xornalista, novelista, escritor de contos |
Xénero artístico | Novela curta, conto, sketch story (en) e skaz (en) |
Pseudónimo literario | М. Стебницкий |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Irmáns | Q12119510 |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Enciclopedia Xudía de Brockhaus e Efron Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron |
Nikolai Semionovich Leskov (en ruso: Никола́й Семёнович Леско́в) nado en Gorokhovo, no oblast' de Oryol, no 16 de febreiro de 1831 Gregoriano / 4 de febreiro Xuliano e finado en San Petersburgo, Imperio Ruso, no 5 de marzo de 1895 Greg. /21 de febreiro Xul. foi un escritor ruso de novelas e contos. Os seus relatos están considerados un dos cumes da Era Dourada da literatura rusa.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Leskov formouse no instituto e traballou nun xulgado penal da súa cidade natal. Despois trasladouse a Kíiv, onde participou en círculos de estudantes e dedicouse ao comercio.
Na década de 1860 comezou a traballar como escritor e xornalista e trasladouse a San Petersburgo.
Nos seus contos e novelas, describiu a sociedade rusa do seu tempo. O seu estilo era único e innovador e foi moi apreciado por escritores como Tolstoi, Chéjov e Gorki.[2]
Lady Macbeth de Mtsensk
[editar | editar a fonte]A súa novela curta Lady Macbeth de Mtsensk ou Lady Macbeth do distrito de Mtsensk (1865) trata da vida de Katerina Izmailova, unha muller rusa casada e sen fillos, que sofre a opresión do seu sogro Boris e a indiferenza do seu marido Zinovy. Cando este viaxa por negocios, Katerina inicia unha relación adúltera co criado Sergei. Após seren descubertos, Katerina envenena a Boris e libera a Sergey, Cando Zinovy regresa, descobre a infidelidade e tamén é asasinado pola súa muller e Sergei. Casan, pero a verdade descúbrese e son encarcerados nas kátorgas. De camiño a Siberia, Sergei é infiel con outra muller. Katerina, devastada, asasina á rival e suicídase.
Inspirou unha ópera homónima (Леди Макбет Мценского уезда transliterado, Ledi Mákbet Mtsénskogo Uyezda Op. 29, coñecida tamén como ) de Dimitrii Shostakovich.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Nikolái Leskov - EcuRed". www.ecured.cu. Consultado o 2024-11-02.
- ↑ "Nikolai Leskov - New World Encyclopedia". www.newworldencyclopedia.org (en inglés). Consultado o 2024-11-02.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Nikolai Leskov |
----
Este artigo sobre literatura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |