Nencatacoa
Nencatacoa | |
---|---|
Deus dos artistas, da danza e as festividades[1] | |
Membro da Relixión muisca | |
Nencatacoa axudou ós muiscas a construír os seus fogares (bohíos). | |
Outros nomes | Nem-catacoa |
Animais | Raposo ou oso |
Xénero | Masculino |
Rexión | Altiplano Cundiboyacense Colombia |
Grupo étnico | Pobo muisca |
Equivalentes | |
Equivalente grego | Pan, Dioniso, Apolo |
Equivalente romano | Dioniso |
Nencatacoa ou Nem-catacoa era o deus e protector dos fabricantes de mantos, dos artistas e das festividades na relixión dos muiscas.[1] Os muiscas e a súa confederación foron unha das catro civilizacións avanzadas de América e o seu traballo artesanal do ouro era ben coñecido e respectado, o que facía que Nencatacoa fose unha deidade protectora salientable.[1]
Descrición
[editar | editar a fonte]Nencatacoa era representado coa forma dun animal da saleva, feito de ouro e cuberto cun manto. Nencatacoa parecíase a un raposo ou a un oso,[2] xa que como describiu Pedro Simón, "un animal con esa forma aparecía múltiples veces".[1]
Era o deus protector dos tecedores, unha actividade que era moi importante entre os muiscas, que empregaban gran cantidade de materiais de fabricación, pero principalmente algodón e fique.[1]
Nencatacoa era tamén o protector dos artistas e pintores que facían creacións na roupa, na cerámica, na ourivaría, na escultura e en petróglifoss con diferentes figuras antropomórficas, zoomórficas e ideogramas.[3]
Ademais, Nencatacoa era o deus das festividades, das borracheiras e a danza. Os muiscas bebían chicha, unha clase de bebida alcohólica baseada na fermentación do millo. Cando os pobos indíxenas construían as súas casas, axudáballes erguendo os pesados postes. Mesmo durante a construción das súas casas (bohíos) e templos, os muiscas bebían grandes cantidades de chicha.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Ocampo López, Javier (2013). Mitos y leyendas indígenas de Colombia - Indigenous myths and legends of Colombia (en castelán). Bogotá, Colombia: Plaza & Janes Editores Colombia S.A. ISBN 978-958-14-1416-1.