Nave de Planet Express
Aparencia
A Nave de Planet Express é unha nave espacial ficticia da serie de animación estadounidense Futurama.
Historia
[editar | editar a fonte]A nave foi deseñada e construída polo Profesor Farnsworth e é a única nave de repartimento de Planet Express, unha empresa de repartimento propiedade do profesor. A nave adoita ser tratada na serie como un obxecto inanimado, aínda que Bender refírese ao piloto automático da nave como "el" no episodio "How Hermes Requisitioned His Groove Back". Un episodio posterior titulado "Love and Rocket" amosa que a nave ten intelixencia artificial e fica namorada de Bender. A súa voz na versión orixinal foi posta por Maurice LaMarche e tamén por Sigourney Weaver, unha vez que modifican o software de personalidade da nave.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Descrición da nave Arquivado 14 de marzo de 2007 en Wayback Machine. (en inglés)
- Entrada na enciclopedia de Futurama Arquivado 27 de setembro de 2007 en Wayback Machine. (en inglés)
- Figuras de acción de Planet Express (en inglés)