Saltar ao contido

Nan Madol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaNan Madol
(en) Nan Madol Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Tipoxacemento arqueolóxico Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaMadolenihmw, Estados Federados de Micronesia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Mapa
 6°50′31″N 158°19′56″L / 6.8419, 158.3322
Características
SuperficiePatrimonio da Humanidade: 76,7 ha
zona de protección: 664 ha Editar o valor en Wikidata
Patrimonio da Humanidade  
TipoPatrimonio cultural  → ?
Data2016 (40ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (i), (iii), (iv) e (vi) Editar o valor en Wikidata
En perigo2016 Editar o valor en Wikidata
Identificador1503
Fito histórico nacional
Data16 de setembro de 1985
Lugar inscrito no Rexistro Nacional de Lugares Históricos
Tipodistrito
Data19 de decembro de 1974
Identificador74002226
Historia
Cronoloxía
2016-lista do Patrimonio Mundial en Perigo Editar o valor en Wikidata

Sitio webnan-madol.com Editar o valor en Wikidata
Central Nan Madol
Nan Madol
Nan Madol
Nan Madol

Consistente nunha serie de pequenas illas artificiais unidas por unha rede de canles, o Nan Madol é coñecido ás veces como "a Venecia do Pacífico". Está preto da illa de Pohnpei, que forma parte dos Estados Federados de Micronesia, e foi a capital da dinastía Saudeleur ata aproximadamente o ano 1500 de nosa era. Nan Madol significa "entre espazos" e fai referencia ás súas canles.

O Nan Madol foi a capital cerimonial e política da dinastía Saudeleur, a cal gobernaba aos 25.000 habitantes de Pohnpei. Situado á parte da illa principal de Pohnpei, está habitado aproximadamente desde o século I ou II d.C. A construción do illote comezou entre os séculos VIII e IX, pero a súa arquitectura megalítica probablemente non empezou a construírse ata o século XII.

Obxectivo e características

[editar | editar a fonte]

No centro había unha residencia especial destinada á nobreza, e tamén para actividades funerarias presididas polos sacerdotes. A súa poboación case seguramente non excedeu de 1.000 persoas, e ata puido ser menos da metade. Aínda que moitos dos residentes fosen xefes, a maioría eran xente normal. O Nan Madol serviu, en parte, para que os gobernantes Saudeleur puidesen organizar e controlar aos seus potenciais rivais, requiríndolles vivir na cidade e non nas súas casas, onde as súas actividades houberan sido difíciles de supervisar.

Madol Powe, o sector funerario, contén 58 illotes na área nordés do Nan Madol. A maior parte dos illotes foron algunha vez ocupados polas vivendas dos sacerdotes. Algúns illotes complen funcións especiais, como preparación de alimentos en Usennamw, construción de canoas en Dapahu, e preparación de aceite de coco en Peinering. En Peinkitel, Karian, e Lemenkou hai tumbas rodeadas por altas paredes, pero o maior logro é o illote funerario real de Nandauwas, onde hai paredes de entre 6 e 8 metros de altura rodeando un recinto funerario central dentro do patio principal.

Alimentos e auga

[editar | editar a fonte]

No Nan Madol non hai auga doce nin alimentos. Hai que ir interior para atopalos. Para os Saudelaur isto non supuña ningún problema, xa que ao ser os xefes supremos, a xente traíalles todo o que necesitasen. Cando derrocaron aos Saudelaurs e comezou a éra dos Nahnmwarkis, estes seguían vivindo en Nan Madol, pero tiñan que conseguir auga e alimentos por eles mesmos, véndose obrigados a abandonar eventualmente Nan Madol e a volver ás súas propias casas. Outro posible motivo para o abandono do complexo puido ser unha forte diminución demográfica.

Arqueoloxía e turismo

[editar | editar a fonte]

Hoxe Nan Madol forma un complexo arqueolóxico que cobre máis de 18 quilómetros cadrados, e inclúe a arquitectura megalítica construída sobre unha zona de arrecife de coral ao longo da beira da illa Temwen, varios outros illotes artificiais, e a Pohnpei, a illa principal. O corazón do lugar, coas súas paredes de pedra, ten unha área de aproximadamente 1,5 km de longo por 0,5 km de ancho e contén case 100 illotes artificiais (formados de pedra e coral) rodeados por canles.

A datación por carbono indica que a construción de Nan Madol comezou ao redor do ano 1200. Con todo, as escavacións mostran que a área puido ser ocupada desde o 200 a.C. Identificáronse algunhas probables canteiras ao redor da illa, pero a orixe exacta das pedras de Nan Madol está aínda por determinar. Ningunha das canteira propostas existe en Madolenihmw, o cal fai pensar que as pedras foron transportadas á súa posición actual. Suxeriuse que se poderían pór á flote con balsas desde a canteira, pero ninguén puido demostrar este procedemento. Os arqueólogos aínda teñen que desentrañar o misterio. Algúns habitantes actuais de Pohnpei cren que as pedras chegaron voando á illa grazas á maxia negra.

Un aspecto intrigante de Nan Madol é a correlación case exacta entre a historia transmitida por tradición oral ao longo dos séculos, e os vestixios desenterrados en escavacións arqueolóxicas.

En 1985, as ruínas de Nan Madol foron declaradas como lugar histórico. Estase facendo un maior esforzo para conservalas. Para chegar alí é necesario un permiso e pagar unha pequena cantidade de diñeiro, pero é bastante fácil conseguir unha visita ao lugar.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]