N-532
N-532 Estrada Verín - Portugal | |
---|---|
Fronteira da N-532 con Portugal | |
Tipoloxía | estrada convencional |
Rede | Rede de estradas do Estado |
Lonxitude | 15 km |
Localización | |
Inicio | N-525 Verín |
Fin | Portugal |
Circulación | |
Velocidade máxima | 100 km/h |
A N-532 ou Estrada Nacional 532 Verín - Portugal é unha vía terrestre con titularidade do Ministerio de Fomento de España que comunica Verín coa fronteira portuguesa. Ten o seu quilómetro cero na vila de Verín, no cruzamento coa N-525. Trátase dunha estrada convencional cun único carril en cada sentido da circulación. Foi creada en 1988 tomando o trazado da antiga C-532[1] e forma parte da ruta europea E-801.
Desde 2010 debía deixar de ser o acceso principal a Portugal coa entrada en servizo da A-75[2], que conecta a A-52 coa Raia en Feces de Abaixo, habendo unha autoestrada portuguesa que lle dá continuidade baixo a denominación A24, do mesmo xeito que a propia N-532 coa N-103-5. Porén, o incremento no número de peaxes nas vías de alta capacidade de Portugal, que incluíu a A24, provocou que moitos condutores seguisen a empregar a vella estrada e, por defecto, continuar pola homóloga en Galiza.[3]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
N-532 ao seu paso por Tamaguelos
-
Enlace da A-52 coa N-532.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Documento BOE-A-1988-18844". www.boe.es (en castelán). Consultado o 2017-08-18.
- ↑ Rodríguez, Antonio. "La nueva A-75 sitúa a Verín a menos de 70 minutos de Oporto". La Región (en castelán). Consultado o 2017-08-11.
- ↑ "La carretera N-532 soporta el doble de tráfico que la A-75". La Región (en castelán). Consultado o 2017-08-11.