Nábidos
Nábidos Rango fósil: Cenomaniano-Recente | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nabis rugosus | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Subfamilias | |||||||||||||||
Os nabidos (Nabidae) son unha familia de insectos hemípteros. Comprende unhas 500 especies en 20 xéneros.[1] Teñen corpos brandos, alongados, e son predadores terrestres. Moitos deles capturan e reteñen presas coas súas patas anteriores, similares ás dos mántidos. Considéranse especies útiles para a agricultura debido a que depredan moitos tipos de pragas dos cultivos.[2]
Os nábidos do xénero Nabis son os máis comúns. Eles e outros xéneros son máis numerosos en campos de legumes como os de alfalfa, pero poden encontrarse en moitos outros cultivos e en áreas non cultivadas. En cor son de amarelos a pardos e teñen ollos grandes bulbosos e patas tipo zanco. Son predadores xeneralistas, capturando case calquera insecto que sexa máis pequeno ca eles e canibalízanse entre eles cando non dispoñen doutra comida. Varias especies poden morder aos humanos.[3] Os membros da subfamilia Prostemmatinae reprodúcense por inseminación traumática.[4]
Xéneros
[editar | editar a fonte]Estes 23 xéneros pertencen á familia Nabidae:
- Alloeorhynchus Fieber, 1860 i c g b
- Alloeorrhynchus c g
- Anaptus Kerzhner, 1968 i c g
- Arachnocoris Scott, 1881 g
- Arbela Stål, 1865 g
- Carthasis Champion, 1900 i c g b
- Gorpis Stål, 1859 g
- Himacerus Wolff, 1811 i c g b
- Hoplistoscelis Reuter, 1890 i c g b
- Karanabis Bekker-Migdisova, 1963 g
- Lasiomerus Reuter, 1890 i c g b
- Metatropiphorus Reuter, 1872 i c g b
- Nabicula Kirby, 1837 i c g
- Nabis Latreille, 1802 i c g b
- Omanonabis Asquith e Lattin, 1991 i c g
- Pagasa Stål, 1862 i c g b
- Phorticus Stål, 1860 i c g b
- Praecarthasis Kerzhner, 1986 g
- Prostemma Laporte, 1832 g
- Reduviolus Kirby, 1837 g
- Rhamphocoris Kirkaldy, 1901 g
- Stalia
- Stenonabis Reuter, 1890 g
Fontes dos datos: i = ITIS,[5] c = Catalogue of Life,[6] g = GBIF,[7] b = Bugguide.net[8]
Historia evolutiva
[editar | editar a fonte]Varios xéneros de fósiles foron atribuídos á familia, incluíndo Karanabis do Xurásico superior da formación Karabastau de Casaquistán, pero foi despois asignado a outras familias. O rexistro definitivo máis temperán da familia é Cretanazgul do Cenomaniano atopado en ámbar birmano, que pertence á subfamilia Prostemmatinae.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Faúndez, E. I. & M. A. Carvajal. 2014. Contribution to the knowledgment of the Nabis punctipennis Blanchard, 1852 complex (Hemiptera: Heteroptera: Nabidae) in Chile. Anales del Instituto de la Patagonia, 42(1): 63-69
- ↑ Braman, S. K. 2000. Damsel bugs (Nabidae). Pp. 639–656. In: Schaefer C. W. & Panizzi A. R. (eds.): Heteroptera of Economic Importance. CRC Press, Boca Raton.
- ↑ Faúndez, E. I. & M. A. Carvajal. 2011. A human case of bitting by Nabis punctipennis (Hemíptera: Heteroptera: Nabidae) in Chile. Acta Entomologica Musei Nationalis Pragae, 51(2): 407-409.
- ↑ 4,0 4,1 Garrouste, Romain; Schubnel, Thomas; Huang, Diying; Azar, Dany; Cai, Chenyang; Nel, André (abril de 2020). "Sexual conflict during Mesozoic: The first Cretaceous damsel bug in Burmese amber (Hemiptera: Heteroptera: Nabidae)". Cretaceous Research (en inglés) 108: 104344. doi:10.1016/j.cretres.2019.104344.
- ↑ "Nabidae Report". Integrated Taxonomic Information System. Consultado o 2018-04-30.
- ↑ "Browse Nabidae". Catalogue of Life. Arquivado dende o orixinal o 01 de maio de 2018. Consultado o 2018-04-30.
- ↑ "Nabidae". GBIF. Consultado o 2018-04-30.
- ↑ "Nabidae Family Information". BugGuide.net. Consultado o 2018-04-30.