Saltar ao contido

Museo Marítimo de Frisia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Museo Marítimo de Frisia.

O Museo Marítimo de Frisia (Fries Scheepvaart Museum en neerlandés e Frysk Skipfeart Museum en frisón) é un museo localizado na cidade frisoa de Snits dedicado á historia da navegación e da construción naval en Frisia, con modelos de barcos antigos, pinturas marítimas ou reconstrucións dos interiores de navíos; e mais tamén á práctica dos deportes náuticos e da historia local. O museo recibe uns 23.000 visitantes ao ano[1].

En 1938 pola iniciativa do entón alcalde Lucas Poppinga organizouse unha exposición temporal dedicada aos barcos de Frisia durante a Sneekweek que tivo maior repercusión do esperado, acudindo unhas 3600 persoas e tomouse entón a decisión de crear un museo permanente que se instalou no orfanato de Kruzebruorrestrjitte. Durante a segunda guerra mundial os alemáns confiscaron o edificio do museo e toda a colección tivo que se trasladar ao faiado. Despois da guerra encargouse a Herre Halbertsma a reorganización do museo, e a colección mudouse para a casa da súa tía-avoa na rúa Lytssân, el xunto con Albert Sustring encargáronse do museo ata 1976, a partir de entón o museo profesionalizouse, organizáronse a Fundación do Museo Marítimo de Frisia e a Asociación do Museo Marítimo de Frisia, encargándose da dirección Sytse ten Hoeve ata 2005 cando o substituíu Meindert Seffinga.

  1. "Vacature medewerker vrijwilligerscoördinatie - marketing & PR". Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 18 de decembro de 2010. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]