Saltar ao contido

Movemento pola Xustiza e a Paz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Movemento pola Xustiza e a Paz
Tipopartido político
PaísCosta do Marfil
editar datos en Wikidata ]

O Movemento pola Xustiza e a Paz, en francés Mouvement pour la justice et la paix (MJP) foi un grupo militar e político marfilés, que funcionou durante os primeiros anos do século XXI.

O MJP foi un dos grupos rebeldes que participou na Guerra Civil de Costa do Marfil contra o exército regular do presidente Laurent Gbagbo. O seu líder foi Gaspard Déli e contaba uns 250 soldados[1]. Despois de tomaren a cidade de Man en novembro de 2002, o MPJ asinou o acordo de cesamento do fogo o 8 de xaneiro de 2003, e tamén participou na sinatura do acordo de Linas-Marcoussis o 24 de xaneiro dese ano. A partir de 2004 converteuse nun socio menor do Movemento Patriótico de Costa do Marfil, liderado por Guillaume Soro, e nese mesmo ano fusionáronse para dar lugar ás Forzas Novas de Costa do Marfil.

  1. Qui est Gaspard Déli? Arquivado 04 de decembro de 2010 en Wayback Machine., Abidjan.net.

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.