Moura, Nogueira de Ramuín
Moura | |
---|---|
Unha das mámoas das Cabanas. | |
Concello | Nogueira de Ramuín[1] |
Provincia | Ourense |
Coordenadas | 42°26′18″N 7°43′08″O / 42.438275276444, -7.7189412730122 |
Área | 30 km² |
Poboación | 115 hab. (2017) |
Densidade | 3,83 hab./km² |
Entidades de poboación | 7[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Xoán de Moura é unha das parroquias do concello ourensán de Nogueira de Ramuín. No ano 2007 tiña 200 habitantes.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Localizada a 25 km de Ourense, a altitude media é de 550 m e ten un relevo moi montañoso. A parte setentrional da parroquia cae cara á ribeira do río Sil, con pendentes moi pronunciadas. A parte occidental cae cara ao río Miño, onde as pendentes, fortes, son menos costentas ca na ribeira norte. As terras bañadas polo Sil pertencen á parroquia de Moura, mentres que as bañadas polo Miño son da de Viñoás. Os lugares habitados están na zona alta do concello, e o máis baixo é Fiscal, situado nos 375 m. A parte máis elevada é o alto do Rego. Ten unha extensión duns 30 km².
A súa localización entre as dúas ribeiras, a do Sil e a do Miño, dálle un clima benigno, con pouca choiva. Predominan os castiñeiros, os carballos e os salgueiros, se ben na ribeira do Sil tamén abondan as sobreiras e as aciñeiras. No monte baixo hai sobre todo carpaza e toxo.
Historia
[editar | editar a fonte]Existen mámoas no Alto do Rego, o que indicaría poboamentos prerromanos. As mámoas de Penedo do Trigo, Penedos do Rufino e Pedra Longa foron reutilizadas como refuxios durante a Guerra Civil española. Trala romanización de Galicia Moura foi lugar de paso da vía romana XIV, que unía Aquae Flaviae (o actual Chaves) co actual Monforte de Lemos.
O xacemento de San Miguel do Canal, en Montevedrde, acolle os restos dun cenobio. Consérvase unha capela cos lenzos de parede e edificación adxacente en ruínas.[2]
A igrexa de San Xoán de Moura, no Alcouce, foi construída en 1247. A zona coñece un progreso económico coa fundación próxima do mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil. Ata comezos do século XX funcionou un sistema de transporte fluvial entre a ribeira de Moura e a parroquia de Pombeiro (Pantón).
Zona tradicional de emigración temporeira (afiadores), nos anos sesenta sufriu importantes perdas de poboación coa emigración ao País Vasco. Como coñeceu unha forte emigración nos anos sesenta, a poboación residente vese moi aumentada no verán.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Decreto 332/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da Provincia de Orense.
- ↑ VV.AA. (2014): Plan Xeral de Ordenación Municipal do concello de Nogueira de Ramuín. Tomo IV: Catálogo de bens culturais Arquivado 29 de maio de 2019 en Wayback Machine..
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Moura
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Moura no concello de Nogueira de Ramuín (Ourense) | |
---|---|
O Alcouce | Cinseiro | Fiscal | Monteverde | Riocabe | Sobrado | Vilasuxá |