Saltar ao contido

Mosteiro de Santa María de Meira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mosteiro de Santa María de Meira
Fachada principal da Igrexa de Santa María
PaísEspaña
LocalizaciónMeira
Coordenadas43°12′48″N 7°18′00″O / 43.21333333, -7.3
Orde relixiosaOrde do Císter
editar datos en Wikidata ]

O mosteiro de Santa María de Meira é un mosteiro medieval fundado no século XII, do que se conserva a igrexa e parte das edificacións monásticas, situado na parroquia de Meira, pertencente ao concello do mesmo nome. É un Ben de Interese Cultural.

Claustro.

Para o estudo da historia deste mosteiro serviron como fonte os fondos arquivísticos do mosteiro incautados trala desamortización de Mendizábal e máis tarde levados ao Arquivo Histórico Nacional de Madrid. Consérvanse tres pergameos anteriores ao ano 1151 e un total de 1.195 pergameos que van dende o ano 1151 ata o 1525.

Entre a documentación destacan os códices, que eran confeccionados con posterioridade aos feitos, orixe dos datos que conteñen. Trátase de copias, transcricións íntegras ou extractos máis ou menos amplos dos documentos considerados de interese para a comunidade.

De entre os códices deste mosteiro débese destacar o coñecido como Tombo de Meira (Libro 114B). É un códice de gran tamaño, realizado entre os anos 1614 a 1617 e 1617 a 1824, e conformado por sete folios sen numerar e 32 máis 28 (estes de época máis moderna) que seguen a numeración anterior.

Fundación

[editar | editar a fonte]

Os fondos arquivísticos de Meira non conservan noticias da carta fundacional da casa. A pesar disto pódese afirmar que a súa fundación foi o froito da chegada ao poder de Afonso VII.

O Padre Yepes, na súa obra Crónica General de la Orden de San Benito, fai referencia a unha noticia do ano 997 que alude ao mosteiro, pero descoñecese a orixe deste dato. O Padre Yepes, a pesar desta referencia, sitúa a fundación do mosteiro no ano 1142, diferindo nun só ano con respecto ao defendido por Manrique. Tamén asegura que foi o propio San Bernaldo quen enviou a un selecto grupo de 13 monxes entre os que se atopaban o Abade Vidal e Rogerio.

Pola súa parte M. Domínguez Casal sitúa a fundación da casa entre os anos 1151 a 1154, baseándose en que no ano 1151 se documenta unha concesión feita por Afonso VII ao conde Álvaro Rodríguez de Sarria, dato que -xunto con outras doazóns do conde ao mosteiro- leva esta autora a defender a fundación do mosteiro por parte deste personaxe. Outros autores persisten en discrepar na data de fundación; é o caso do profesor Lucas Álvarez, que opta por situar no ano 1144 a incorporación da comunidade á Orde do Císter e a súa fundación poucos anos antes.

O primeiro documento que se refire a este mosteiro data do ano 1154. A fundación do mosteiro afástase do máis habitual en Galicia: foi dirixida sen mediación desde a casa central francesa, que fundará un novo mosteiro nun lugar doado polo conde de Sarria e a súa dona, filla do conde de Trava.

Descrición

[editar | editar a fonte]

Dos edificios conventuais na actualidade consérvase só a igrexa. Construída no austero estilo cisterciense, foi consagrada o 3 de xullo do ano 1258 polo bispo Martiño de Lugo.

No templo seguiuse o modelo de templo cisterciense máis antigo conservado, o de Fontenay[1], con capelas absidais cadradas. Este modelo tamén foi o seguido na igrexa do mosteiro de Santa María de Oia.

O mosteiro, desde os seus inicios, realizou actividades económicas a través das tres formas clásicas: doazóns, compravendas e cambios. A maior parte delas foron feitas ata o ano 1350, podéndose sinalar ata 446 doazóns e 180 compras, que representan o 81% do total das adquisicións documentadas.

A nave principal cóbrese con bóveda de canón apuntado, e as naves laterais con bóvedas de aresta.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. Abadía de terceira clase levantada en Borgoña como factoría industrial

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]