Mosteiro Po Lin
Aparencia
Mosteiro Po Lin | |
---|---|
Vista exterior do mosteiro Po Lin en outubro de 2007. | |
Presentación | |
Nome local | 寶蓮禪寺 (Bǎolián Chánsì) |
Localización | Hong Kong |
Estilo | Arte budista |
Tipo | Arquitectura |
Construción | |
Remate | 1906 |
O mosteiro Po Lin (en chinés: 寶蓮禪寺) é un mosteiro budista que se atopa en Ngong Ping, na illa Lantau de Hong Kong. Foi fundado en 1906 por tres monxes orixinarios da provincia de Jiangsu e daquela era coñecido como Tai Mao Pung (大茅蓬), adquirindo o seu nome actual en 1924.
O templo principal acolle tres estatuas de bronce de Buda que representan a súa vida pasada, presente e futura. Tamén acolle varios escritos budistas. O gran Buda Tian Tan, unha xigantesca estatua de Buda que domina a montaña, é unha extensión do mosteiro e foi rematada en 1993.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Vista do templo principal.
-
Detalle do interior do mosteiro.
-
Vista do Buda Tian Tan dende o mosteiro.
-
Entrada.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mosteiro Po Lin |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- plm.org.hk Arquivado 09 de xuño de 2010 en Wayback Machine.