Saltar ao contido

Monte Moldoveanu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaMonte Moldoveanu
Imaxe
Tipomontaña
Cumio Editar o valor en Wikidata
Localización
ContinenteEuropa Editar o valor en Wikidata
División administrativaCondado de Argeș, Romanía Editar o valor en Wikidata
Mapa
 45°35′58″N 24°44′10″L / 45.599439, 24.736211
CordilleiraMontanhas Făgăraș (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude2.544 m Editar o valor en Wikidata
Prominencia topográfica2.042 m Editar o valor en Wikidata

O Monte Moldoveanu é o cume máis elevado Romanía con 2.544 m de altitude. Está situado nos Montes Făgăraş, unha cadea montañosa dos Cárpatos.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

A cima do Moldoveanu forma parte do inmenso Monte Moldoveanu, que representa, de feito, un ramal do macizo de Viştea Mare, o cal na súa porción culminante se denomina Culmea Ghiţu (o cume Ghiţu).

Por mor das altas cimas sitos ao seu derredor, non é visíbel máis que desde as cristas do macizo Făgăraş. Por contra cimas menores do cordal de Făgăraş son visíbeis desde a depresión de Făgăraş, localizada ao norte do macizo.

Contorna e accesos

[editar | editar a fonte]

A cidade máis próxima ao Moldoveanu é Victoria, no flanco norte. A cima máis próxima e a do Viştea Mare, a 2.527 msnm, que fica a unha distancia de 421 metros, é dicir a uns 10 ou 15 minutos de marcha, como se indica nun panel colocado no seu cume. Pódese alcanzar a cima sur do Moldoveanu, polo noroeste, desde Câmpulung, ou ben polo nordeste, desde Curtea de Argeş.