Modo de xogo de Pokémon
O obxectivo básico dos xogos de Pokémon é capturar e adestrar as criaturas ficticias chamadas "Pokémon" e usalas en batallas contra outros adestradores. Cada nova xeración de xogos baséase no concepto de introducir novos Pokémon, obxectos e conceptos sobre o modo de xogo. Algúns dos conceptos xerais presentáronse noutras partes da franquía antes de seren introducidos nos xogos; as batallas apareceron no anime antes de ser introducidas nos xogos e as habilidades Pokémon son semellantes ós poderes Pokémon presentados no Pokémon Trading Card Game, que tamén introduciu os "Shiny Pokémon", o fenómeno segundo o cal algúns Pokémon son de cores diferentes dos orixinais. O xogo competitivo de Pokémon e onde os xogadores de todo o mundo loitan entre eles con Pokémon. Porén, require algunha estratexia que implique ter Pokémon con estatísticas altas.[1] e elixir movementos supereficaces.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Effort Values and Individual Values - Smogon University". www.smogon.com. Arquivado dende o orixinal o 08 de outubro de 2019. Consultado o 17 de xuño de 2020.
- ↑ "Making the Jump to Video Game Competitive Play - Pokemon.com". www.pokemon.com. Arquivado dende o orixinal o 09 de maio de 2019. Consultado o 9 de maio de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Nintendo Power (2006-08-24). Pokémon Emerald Version: the official strategy guide from Nintendo Power. Nintendo Power.
- Buchanan, B (2006-08-24). Pokémon Emerald: Official Strategy Guide. Prima Games.
- Hollinger, Elizabeth M. (2003). Pokémon Sapphire Version [and] Pokémon Ruby Version. Prima Games. ISBN 0-7615-4256-6.