Saltar ao contido

Mitteldeutscher BC

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Syntainics MBC
Información xeral
Liga BBL
Alcume Wölfe (Lobos)
Fundación 1958
Historia SSV Einheit Weißenfels (1958–99)
Cores           Laranxa, azul
Presidente Alemaña Jörg Hexel
Adestrador Igor Jovović
Localización
Cidade Alemaña Weißenfels, Alemaña
Pavillón Stadthalle Weißenfels
Capacidade 3 000
Inauguración Xuño de 2012
Campionatos
EuroCup Ch. 1 (2004)
syntainics-mbc.de

O Mitteldeutscher Basketball Club (do alemán: Club de Baloncesto da Alemaña Central), máis coñecido como por motivos de patrocinio como Syntainics MBC, é un equipo profesional de baloncesto alemán con sede na cidade de Weißenfels, Saxonia-Anhalt. Fundado en 1958, actualmente compite na Basketball Bundesliga, máxima categoría do baloncesto xermano. O seu maior éxito foi a consecución do FIBA EuroCup Challenge 2004, torneo no que gañaron na final ao JDA Dijon francés. O equipo xoga os seus partidos como local no Stadthalle Weißenfels, pavillón con capacidade para 3 000 espectadores.[1]

O Mitteldeutscher BC compite na Basketball Bundesliga, máxima categoría do baloncesto alemán, á que chegou por vez primeira na temporada 1999–2000. En 2004, o club gañou o FIBA EuroCup Challenge após derrotar nas semifinais da Final Four ao Dynamo Moscow Region ruso por 95−88 e na final ao JDA Dijon francés tamén por 95−88. Porén, ao final desa mesma temporada o equipo declárase en bancarrota e é descendido á Regionalliga (terceira división). Na temporada 2004−05 o equipo ascende á ProA (segunda división) e regresa á Bundesliga despois da temporada 2008–09. Nos anos 2010 e 2016 o equipo volveu descender, açinda que ambas ocasións regresou á máxima categoría nun ano.

Temporadas

[editar | editar a fonte]
Season Tier League Pos. W–L German Cup European competitions
1997–98 2 2. BBL
1998–99 2 2. BBL
1999–00 1 BBL
2000–01 1 BBL 3 Copa Korać
RE2
1–1
2001–02 1 BBL 13º
2002–03 1 BBL 11º
2003–04 1 BBL 12º 4 FIBA EuroCup Challenge
C
10–0
2004–05 3 OL
2005–06 2 2. BBL
2006–07 2 2. BBL
2007–08 2 ProA
2008–09 2 ProA
2009–10 1 BBL 10º
18–16
2010–11 1 BBL 17º
8–26
2011–12 2 ProA
2012–13 1 BBL 16º
13–21
2013–14 1 BBL
16–18
2014–15 1 BBL 12º
14–20
2015–16 1 BBL 17º
9–25
2016–17 2 ProA
35–3
2017–18 1 BBL 15º
10–24
2018–19 1 BBL 15º
10–24
2019–20 1 BBL 16º
3–17
Cuartos de final
2020–21 1 BBL 15º
9–25
Fase de grupos

Segunda división de Alemaña

  • Campión (3): 2009, 2012, 2017

FIBA EuroCup Challenge

  • Campión (1): 2004

Xogadores

[editar | editar a fonte]
Manuchar Markoishvili.

Destacados

[editar | editar a fonte]
  1. "Stadthalle Weissenfels - Venue Information". Real GM (en alemán). Consultado o 6 de agosto de 2021. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]