Mineirão
Aparencia
Mineirão Estádio Magalhães Pinto | |
---|---|
Datos | |
Coordenadas | 19°51′57″S 43°58′15″O / -19.865833, -43.970833 |
Localización | Belo Horizonte, Brasil |
Nome completo | Estádio Governador Magalhães Pinto |
Alcume | O Gigante |
Nomes antigos | • Estádio Governador Hélio Prates da Silveira • Estádio Mané Garrincha |
Construción | |
Inauguración | 5 de setembro de 1965 |
Renovación | 21 de decembro de 2012 |
Arquitecto | Eduardo Mendes Guimarães Júnior e Gaspar Garreto |
Custo | R$ 670 millóns |
Estadio | |
Superficie | Herba |
Dimensións | 105 × 68 |
Capacidade | 62.160 |
Asist. máxima | 132.834 (22/6 de 1997) Cruzeiro 1 - 0 Villa Nova |
Propietario | Minas Arena |
Localía | Cruzeiro Esporte Clube Clube Atlético Mineiro |
Web | http://estadiomineirao.com.br/ |
Eventos | |
Mundial de Fútbol Brasil 2014 | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Estádio Governador Magalhães Pinto, máis coñecido como Mineirão é un estadio de fútbol localizado en Belo Horizonte, no estado brasileiro de Minas Xerais. Inaugurado en 1965, é o quinto maior estadio do Brasil, e ten albergado varias finais da Copa Libertadores e unha Copa Intercontinental, sendo ademais unha das sedes da Copa do Mundo da FIFA de 2014. Os principais equipos que xogan no estadio son os rivais Cruzeiro Esporte Clube e Clube Atlético Mineiro, aínda que este último xoga principalmente no Estádio Independência. En 2003 foi catalogado polo Consello Deliberativo do Patrimonio Cultural do Municipio de Belo Horizonte.