Saltar ao contido

Milan Šašik

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMilan Šašik

(2010) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento17 de setembro de 1952 Editar o valor en Wikidata
Lehota, Eslovaquia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte14 de xullo de 2020 Editar o valor en Wikidata (67 anos)
Uzhhorod, Ucraína (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaGreek Catholic Cathedral, Uzhhorod (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Bispo diocesano
17 de marzo de 2010 – 14 de xullo de 2020
← Ivan Semedi (en) TraducirTeodor Matsapula (en) Traducir →
Bispo titular
12 de novembro de 2002 – 17 de marzo de 2010
← James Moriarty (en) TraducirJohn J. McIntyre (pt) Traducir →
Diocese: Bononia (en) Traducir
Administrador apostólico
12 de novembro de 2002 – 17 de marzo de 2010
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Comenius de Bratislava
Pontifical Theological Faculty Teresianum (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoIgrexas católicas bizantinas e pastoral Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónbispo católico (2003–), sacerdote católico (1976–), diácono (1976–), presbítero greco-católico Editar o valor en Wikidata
Orde relixiosaCongregación da Misión Editar o valor en Wikidata
ConsagraciónXoán Paulo II, papa Editar o valor en Wikidata
Premios

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteRecords of persons of interest (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Find a Grave: 231737096 Editar o valor en Wikidata

Milan Šašik, nado o 17 de setembro de 1952 en Lehota (Eslovaquia) e finado en Uzhhorod (Ucraína) o 14 de xullo de 2020, foi un relixioso grecocatólico lazarista ruteno, bispo de Mukacheve.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu o 17 de setembro de 1952 en Lehota, no distrito de Nitra, entón parte da República Socialista Checoslovaca (hoxe Eslovaquia). O 31 de xullo de 1971 entrou na Congregación da Misión, e até 1976 estudou Filosofía e Teoloxía no seminario de Bratislava.

O 27 de setembro de 1973 fixo os votos perpetuos como lazarista, e o 6 de xuño de 1976 foi ordenado sacerdote da súa orde. Posteriormente exerceu diferentes ministerios pastorais. Ademais, obtivo permiso da Santa Sé para celebrar tanto no rito bizantino como no rito romano. Entre 1990 e 1992, estudou unha mestría na Pontificia Facultade Teolóxica Teresianum de Roma.

Entre 1992 e 1998 traballou na nunciatura apostólica en Ucraína. Posteriormente, foi durante un ano director do noviciado da Congregación da Misión en Eslovaquia. En agosto de 2000 volveu a Ucraína e exerceu de párroco en Perechyn, na rexión de Transcarpacia.

O 12 de novembro de 2002 o papa Xoán Paulo II nomeouno bispo titular de Bononia e administrador apostólico da eparquía de Mukacheve. O 6 de xaneiro de 2003 recibiu a consagración episcopal na basílica de San Pedro polo mesmo papa.

Ademais de eslovaco, falaba ucraíno, italiano, checo, ruso e polaco.