Saltar ao contido

Miguel Martínez-Lage

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMiguel Martínez-Lage
Biografía
Nacemento1961 Editar o valor en Wikidata
Pamplona, España Editar o valor en Wikidata
Morte14 de abril de 2011 Editar o valor en Wikidata (49/50 anos)
EducaciónUniversidade Autónoma de Madrid
Universidade de Navarra Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióntradutor Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX1719673

Miguel Martínez-Lage, nado en Pamplona en 1961 e finado en Garrucha o 14 de abril de 2011, foi un profesor e tradutor español[1].

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Cursou estudos de Filoloxía Hispánica na Universidade de Navarra e na Universidade Autónoma de Madrid. Exerceu como profesor e como crítico literario. Traduciu máis de 200 obras ó español de autores coma Martin Amis, Ernest Hemingway, Henry James, George Orwell, Eudora Welty, Virginia Woolf, Joseph Conrad, Edgar Allan Poe, John Maxwell Coetzee, William Faulkner, Joe Dever o Steve Jackson.

En 2008 recibiu o Premio Nacional de Tradución de España pola versión ó castelán de Vida de Samuel Johnson (Life of Samuel Johnson), de James Boswell[1].