Saltar ao contido

Miguel González Pérez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMiguel González Pérez
Biografía
Nacemento27 de abril de 1927 Editar o valor en Wikidata
Santa Cruz de la Palma, España Editar o valor en Wikidata
Morte6 de xullo de 2021 Editar o valor en Wikidata (94 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista (–1964) Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaEspaña Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
  Real Betis Balompié
1949–1951   Atlético de Madrid 7(2)
1951–1952   Real Oviedo
1952–1960   Atlético de Madrid 207(60)
1960–1963   Real Zaragoza 73(17)
1963–1964   Real Murcia 18(1)
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1953–1958   España 15(2)
  Adestrador Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
  Real Betis Balompié Editar o valor en Wikidata

Miguel González Pérez, nado en Santa Cruz de la Palma o 27 de abril de 1927 e finado en Madrid o 6 de xullo de 2021,[1] foi un futbolista e adestrador español. Xogaba de extremo dereito e desenvolveu a maior parte da súa carreira no Atlético de Madrid, sendo ademais internacional coa selección española.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Como futbolista

[editar | editar a fonte]

Comezou a xogar ao fútbol no Mensajero, na súa illa natal da Palma, iniciando unha carreira nas Canarias que despois continuou no Iberia de Tenerife,[2] e no Real Club Victoria de Gran Canaria.[3]

En 1949 fichou polo Atlético de Madrid, xa en Primeira División. Co equipo madrileño proclamouse campión de liga nas súas dúas primeiras tempadas (1949/50 e 1950/51), pero apenas tivo presenza nas aliñacións de Helenio Herrera. Na tempada 1951/52 foi cedido ao Real Oviedo, da Segunda División, co que marcou 9 goles en 21 partidos, logrando o ascenso á máxima categoría.

De regreso a Madrid, consolidouse na dianteira atlética durante as seguintes oito campañas, alcanzando os 252 partidos oficiais e 73 goles. Na tempada 1958/59 debutou na Copa de Europa, disputando 9 encontros e marcando un gol contra o Schalke 04. Despediuse do club en 1960, despois de conquistar a Copa do Xeneralísimo.

A continuación fichou polo Zaragoza, onde militou tres tempadas ás ordes de César, antes de pechar a súa carreira cunha última campaña no Murcia.

Selección española

[editar | editar a fonte]

Durante a súa etapa como xogador do Atlético de Madrid, foi internacional coa selección española en 15 ocasións. Debutou en novembro de 1953, da man de Luis Iribarren, nun partido contra Suecia,[4] e durante o seu paso polo combinado anotou dous goles, un contra Turquía e outro ante Suíza.

Como adestrador

[editar | editar a fonte]

Tras colgar as botas tivo unha breve carreira como adestrador. Na tempada 1967/68 colleu as rendas do Atlético de Madrid na xornada 26, trala destitución do brasileiro Otto Glória. O seu labor foi avalado pola directiva, continuando como técnico do Atlético durante toda a tempada 1968/69, acabando sexto na liga.

A continuación dirixiu o Betis e o Hércules en Segunda, e o Getafe Deportivo en Terceira.

Palmarés

[editar | editar a fonte]
Atlético de Madrid
Real Oviedo
  1. "Fallece Miguel González, leyenda del Atlético de los años 50". As (en castelán). 6 de xullo de 2021. Consultado o 13 de abril de 2022. 
  2. "Biografía". Colchonero.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 10 de marzo de 2016. Consultado o 13 de abril de 2022. 
  3. "Palmeros Célebres". premiostaburiente.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 19 de febreiro de 2008. Consultado o 13 de abril de 2022. 
  4. Dominguez García, Javier (2009). "MIGUEL "EL PALMERO" UN CANARIO EN WEMBLEY" (en castelán). Consultado o 13 de abril de 2022. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]