Saltar ao contido

Memoria USB

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Unha memoria USB ou Pen Drive.

Unha memoria USB, tamén chamada chaveiro USB, lapis de memoria ou pen drive pola súa forma habitual (USB flash drive e pen drive respectivamente en inglés) é un pequeno dispositivo de almacenamento que utiliza a memoria flash para gardar a información sen necesidade de pilas. Os pen drive son resistentes aos pequenos golpes e ao po que afectan a outras formas previas de almacenamento portable, como os CDs e os disquetes.

Os sistemas operativos máis modernos poden ler e escribir nos pen drive sen necesidade de controladores especiais. Nos equipos antigos (como por exemplo os equipados con Windows 98) necesitase instalar un controlador para o dispositivo.

As unidades flash USB foron inventadas en 1998 por IBM como un substituto das unidades de disquete para a súa liña de produtos ThinkPad. Aínda que foi un invento de IBM, este non o patentou. IBM contratou máis tarde a M-Systems para desenvolvelo e fabricalo en forma non exclusiva. Actualmente M-Systems mantén a patente deste dispositivo.

As primeiras unidades flash foron fabricadas por M-Systems baixo a marca "Disgo" en tamaños de 8 MB, 16 MB, 32 MB e 64 MB.

Características

[editar | editar a fonte]

Os actuais pen drive son USB 2.0 (Universal Serial Bus), o que lles permite alcanzar velocidades de escritura/lectura de ata 480 Mbit/s teóricos (aínda que na práctica, como moito, alcanzan uns 20 Mbytes/s, isto é, 160 Mbit/s). Teñen unha capacidade de almacenamento que vai desde uns poucos megabytes ata 64 xigabytes. Porén, algúns ordenadores poden ter dificultades para ler a información contida en dispositivos de máis 2 GB de capacidade.

Algúns chaveiros USB en vez de incluír a memoria flash integrada, incorporan un minilector de tarxeta de memoria. Isto permite reutilizar a memoria de, por exemplo, unha cámara dixital.

Calquera tarxeta de memoria é máis cara que un pen drive, polo que a combinación de tarxeta e lector USB non é o máis económica.

Utilidade

[editar | editar a fonte]
Memoria USB 2.0 de Sony.

A maioría das memorias USB son pequenas e lixeiras. Son populares entre persoas que necesitan transportar datos entre a casa, escola ou lugar de traballo. Teoricamente, a memoria flash pode reter os datos durante uns 10 anos e escribirse un millón de veces.

Aínda que inicialmente foi concibido para gardar datos e documentos, é habitual atopar tamén nas memorias USB programas de utilidade que o usuario pode executar directamente desde o dispositivo, sen necesidade de realizar ningunha instalación no sistema operativo anfitrión.

Os novos dispositivos Ou3 para Microsoft Windows integran un menú de aplicacións, semellante ao propio menú de "Inicio", que permiten organizar arquivos de imaxes, música etc. Para memorias doutros fabricantes tamén existen coleccións baseadas en software libre como é o caso de PortableApps.com.

Outra utilidade destas memorias é que, se a BIOS do equipo o admite, poden arrincar un sistema operativo sen necesidade doutro disquete, CD, DVD nin sequera disco duro. O arranque desde USB está moi estendido en ordenadores novos e un USB ocupa moito menos e é máis rápido que unha disqueteira ou ata que un lector de DVD/CD-ROM. Pódense atopar distribucións de GNU/Linux que están contidas completamente nun llavero USB e poden arrincar desde alí (véxase LiveCD).

As memorias USB de gran capacidade, do mesmo xeito que os discos duros ou gravadoras de CD/DVD son un medio fácil para realizar unha copia de seguridade, por exemplo. Hai gravadoras e lectores de CD-ROM, DVD, disqueteira ou Zip que se conectan por USB.

Como medida de seguridade, algunhas memorias USB teñen posibilidade de impedir a escritura mediante un interruptor, como a pestana dos antigos disquetes. Outros permiten reservar unha parte para ocultala mediante unha clave.

Compoñentes

[editar | editar a fonte]


Compoñentes internos dun chaveiro USB típico

1 Ficha/Conector USB
2 Dispositivo de control de almacenamento masivo USB
3 Puntos de Test
4 Chip de memoria flash
5 Cristal Oscilador
6 LED
7 Interruptor de seguridade contra escrituras
8 Espazo libre para un segundo chip de memoria flash

As partes dunha memoria Flash típicas son as seguintes:

  1. Conector USB macho tipo A: Prové da interface física coa computadora anfitrioa
  2. Controlador USB de almacenamento masivo: Implementa o controlador USB e prové a interface homoxénea e lineal para dispositivos USB seriais orientados a bloques, mentres oculta a complexidade da orientación a bloques, eliminación de bloques e balance de desgastar. Este controlador posúe un pequeno microprocesador RISC e un pequeno número de chips de memoria RAM e ROM
  3. Pontes(Jumpers) e Pines de proba: Utilizados en probas durante a fabricación da unidade ou para a carga de código dentro do procesador.
  4. Chip de memoria Flash NAND: Almacena datos, este tipo de chips tamén é usado comunmente en cámaras dixitais.
  5. Cristal Oscilador: Produce o sinal de reloxo principal do dispositivo a 12 MHz e controla a saída de datos a través dun bucle de fase pechado (phase-locked loop)
  6. LEDs: Indican a transferencia de datos ou as lecturas e escrituras.
  7. Interruptor para protección de escritura: Utilizado para protexer os datos de operacións de escritura ou eliminacións.
  8. Espazo Libre: Disponse dun espazo para incluír un segundo chip de memoria, isto permítelle aos fabricantes utilizar o mesmo circuíto impreso para dispositivos de distintos tamaños e responder así ás necesidades do mercado