Meixonfrío, Taboada
Meixonfrío | |
---|---|
Igrexa de Meixonfrio | |
Concello | Taboada[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 42°46′31″N 7°44′50″O / 42.77519444, -7.74716667 |
Poboación | 71 hab. (2017) |
Entidades de poboación | 5[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Santa Mariña de Meixonfrío é unha parroquia do concello de Taboada na comarca de Chantada, na provincia de Lugo. Segundo o IGE en 2009 tiña 94 habitantes, deles 47 eran homes e 47 eran mulleres, o que supón unha diminución respecto do ano 1999 cando tiña 108 habitantes. En 2017 segundo o INE tiña 71 habitantes, 38 mulleres e 33 homes.
No lugar de Vila naceu a escritora Ana Vila Portomeñe.
Toponimia
[editar | editar a fonte]O topónimo deriva do latín mansio + frigidus, mesón frío [2].
Xeografía
[editar | editar a fonte]A parroquia de Meixonfrío está situada no norte do concello de Taboada. Sofre un elevado grao de despoboamento e envellecemento da poboación.
Historia
[editar | editar a fonte]En tempos houbo un cuartel da Garda civil e unha capela que estaban situados no lugar do Curro.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]A igrexa parroquial de Santa Mariña de Meixonfrío é do século XII, está no lugar de Meixonfrío.
Festas
[editar | editar a fonte]As festas patronais na honra de San Xoán e San Romao son os días 29 e 30 de agosto. En tempos había gran devoción ao santo, que dicían que era milagreiro para cos que padecen a doenza da reuma. O campo da festa está situado na marxe dereita da N-540 de Lugo a Ourense, en dirección a Ourense.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Decreto 6/2000, do 7 de xaneiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Lugo.
- ↑ Ares Vázquez, Nicandro (2013). Estudios de toponimia galega, tomo II. Real Academia Galega. ISBN 978-84-87987-85-4.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Meixonfrío
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Meixonfrío no concello de Taboada (Lugo) | |
---|---|
O Curro | Meixonfrío | As Neves | A Sabugueira | A Vila |