Mehmed IV
Nome orixinal | (ota) محمد رابع |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 2 de xaneiro de 1642 Constantinopla, Turquía |
Morte | 6 de xaneiro de 1693 (51 anos) Edirne, Turquía |
Lugar de sepultura | Istambul |
Sultán do Imperio Otomán | |
12 de agosto de 1648 – 8 de novembro de 1687 ← Ibrahim I (pt) – Suleiman II (pt) → | |
Datos persoais | |
Relixión | Islam |
Actividade | |
Ocupación | Sultán, gobernante |
Familia | |
Familia | Dinastia Otomana (pt) |
Parella | Siyavuş Sultan Emetullah Rabia Gülnûş |
Fillos | Şehzade Selim (IV. Mehmed'ın oğlu) () Hatice () Mustafa II () Emetullah Rabia Gülnûş Ümmügülsüm Sultan () Emetullah Rabia Gülnûş Ahmed III () Emetullah Rabia Gülnûş Fatma Emetullah Sultan () |
Pais | Ibrahim I e Turhan Sultan |
Irmáns | Suleiman II Ahmed II Gevherhan |
Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Mehmed IV (en turco otomán: محمد رابع Meḥmed-i rābiʿ; en turco moderno: IV. Mehmet), tamén coñecido como Avcı Mehmet (Mehmed o Cazador), nado en Constantinopla o 2 de xaneiro de 1642 e finado en Edirne o 6 de xaneiro de 1693, foi o sultán do Imperio Otomán entre 1648 e 1687. Chegou ao trono aos seis anos, despois de que o seu pai fose derrocado nun golpe de estado. Mehmed tivo o segundo reinado máis longo dun sultán despois de Suleiman o Magnífico.[1] Mentres que os primeiros e últimos anos do seu reinado caracterizáronse por derrotas militares e inestabilidade política, durante os seus anos medios viron o renacemento do imperio asociado coa era Köprülü.
Mehmed IV foi coñecido polos seus contemporáneos como un gobernante piadoso e foi referido como gazi ou "guerreiro santo" polo seu papel nas moitas conquistas realizadas durante o seu dominio.[2] Baixo o seu reinado, o imperio alcanzou o máis alto da súa expansión territorial en Europa. Dende novo desenvolveu un grande interese na caza, polo que foi coñecido como avcı ("o cazador").[1] En 1687, Mehmed foi derrocado por soldados desencantados polo curso da guerra da Liga Santa. Posteriormente retirouse a Edirne, onde viviu ata a súa morte por causas naturais en 1693.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Primeiros anos
[editar | editar a fonte]Nado no palacio Topkapı, Constantinopla, en 1642, Mehmed era fillo do sultán Ibrahim (r. 1640–48) e da Valide Sultan Turhan Hatice, concubina de orixe ucraína,[3][4] e neto de Kösem Sultan de orixe grega.[5] Pouco tempo despois do seu nacemento, o seu pai e a súa nai tiveron unha rifa violenta, e Ibrahim enfureceuse tanto que arrincou a Mehmed dos brazos da nai e o lanzou a un pozo. Mehmed foi rescatado por serventas do seu harén.
Mehmed ascendeu ao trono en 1648, aos seis anos,[6][7]}} durante un período convulso da dinastía otomá. O imperio encaraba intrigas no palacio, ademais de levantamentos en Anatolia, a derrota da mariña otomá polos venecianos fóra dos Dardanelos, e desabastecemento de comida que provocou revoltas en Constantinopla. Baixo estas circunstancias, a nai de Mehmed deu a Köprülü Mehmed Pasha plenos poderes executivos como gran visir. Köprülü asumiu o cargo o 14 de setembro de 1656.[8]
Sultanato
[editar | editar a fonte]O seu sultanato é significativo debido a un breve florecemento do poder otomán, dirixido en maior medida polo firme e inflexible Gran Visir, Mehmed Köprülü. Köprülü recobrou as illas Exeas, que estaban en mans de Venecia, e combateu en triunfantes campañas militares fronte a Transilvania (1664) e Polonia (1670–1674). En certo momento, os dominios otománs estiveron moi preto de alcanzar unha ampliación cara a Podolia e Ucraína.
O novo visir Kara Mustafa Paşa foi menos capaz. Apoiando a insurrección húngara de Imre Thököly (1683) contra o dominio austríaco, Kara Mustafá Paşá marchou cun poderoso exército a través de Hungría e sitiou Viena na batalla de Viena. Nas elevacións de Kahlenberg, os otománs foron derrotados de forma brutal polo exército imperial austríaco baixo o mando de Carlos V, Duque de Lorena, e os polacos con ánimo de vinganza, dirixidos polo seu rei, Xoán III Sobieski. Kara Mustafa Paşa foi estrangulado en Belgrado por orde de Mehmed IV e a súa cabeza foi colocada nunha columna no exterior do antigo palacio imperial en Edirne; porén, isto non foi abondo para salvar o trono do sultán, que foi deposto e encarcerado en Edirne, preto dos seus coutos de caza favoritos, pasando alí o resto da súa vida xunto a dúas concubinas.
Familia
[editar | editar a fonte]- Consortes
Mehmed tivo dúas consortes:
- Gülnuş Sultan;
- Afife Kadın;[9]
- Fillos
- Mustafa II (3 de xuño de 1664 – 29/30 de decembro de 1703), fillo de Gülnuş Sultan;
- Ahmed III (31 de decembro de 1673 – 1 de xullo de 1736), fillo de Gülnuş Sultan;
- Şehzade Bayezid (15 de decembro de 1678 – 18 de decembro de 1678, enterrado no mausoleo de Sultan Mustafa I Mausoleum, Hagia Sophia);[9]
- Fillas
- Hatice Sultan (1668[9] – Edirne, 5 de xullo de 1743, enterrada na mesquita nova de Istambul),[10] filla de Gülnuş Sultan, casada primeiro o 9 de xullo de 1675 con Musahip Mustafa Pasha, e despois o 13 de marzo de 1691 con Moralı Hasan Pasha;[11][9]
- Ümmügülsüm Sultan (1672 – falecida de varíola o 21 de decembro de 1700, enterrada na mesquita nova de Istambul), filla de Gülnuş Sultan, prometida en 1675 con Kara Mustafa Pasha, casada o 13 de xaneiro de 1694 no palacio de Edirne con Silahdar Çerkes Osman Pasha;[12][13]
- Fatma Sultan (falecida no palacio de Eyüp o 5 de decembro de 1700, enterrada na mesquita nova de Istambul), filla de Gülnuş Sultan, casada primeiro o 19 de xaneiro de 1696 no palacio Topkapı con Tırnakçı Çerkes Ibrahim Pasha, e posteriormente con Vezir Mısırlı Mehmed Pasha;[14][13]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Börekçi, Günhan (2009). "Mehmed IV". En Ágoston, Gábor; Bruce Masters. Encyclopedia of the Ottoman Empire. p. 370-1.
- ↑ Baer, Marc David (2008). Honored by the Glory of Islam: Conversion and Conquest in Ottoman Europe. Oxford University Press. pp. 165. ISBN 978-0-19-979783-7.
- ↑ Afyoncu; Uğur Demir, Erhan (2015). Turhan Sultan. Istambul: Yeditepe Yayınevi. p. 27. ISBN 978-605-9787-24-6.
- ↑ Baer, Marc David (2008). Honored by the Glory of Islam: Conversion and Conquest in Ottoman Europe. Oxford University Press. pp. 35. ISBN 978-0-19-979783-7.
- ↑ Finkel, Caroline (2005). Osman's Dream: The Story of the Ottoman Empire, 1300-1923. Nova York: Basic Books. p. 197. ISBN 978-0-465-02396-7.
- ↑ Adoita dicirse que tiña sete anos cando subiu ao trono, polo método turco de cálculo da idade.
- ↑ Baer, Marc David (2008). Honored by the Glory of Islam: Conversion and Conquest in Ottoman Europe. Oxford University Press. p. 27. ISBN 978-0-19-979783-7.
- ↑ Streusand, Donald E., Islamic Gunpowder Empires: Ottomans, Safavids, and Mughals (Boulder, Colo.: Westview Press, 2011), p. 57.
- ↑ 9,0 9,1 9,2 9,3 Agha, Silahdar Findiklili Mehmed (2012). ZEYL-İ FEZLEKE (1065-22 Ca.1106 / 1654-7 Şubat 1695). pp. 530, 752–53, 1095, 1290.
- ↑ Sakaoğlu 2008, p. 380.
- ↑ Uluçay 2011, p. 109.
- ↑ Uluçay 2011, p. 111.
- ↑ 13,0 13,1 Agha, Silahdar Findiklili Mehmed (2001). Nusretnâme: Tahlil ve Metin (1106-1133/1695-1721). pp. 135, 458–9.
- ↑ Uluçay 2011, p. 110.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mehmed IV |
A Galipedia ten un portal sobre: Historia |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sakaoğlu, Necdet (2008). Bu mülkün kadın sultanları: Vâlide sultanlar, hâtunlar, hasekiler, kadınefendiler, sultanefendiler. Oğlak Yayıncılık. ISBN 978-9-753-29623-6.
- Uluçay, Mustafa Çağatay (2011). Padişahların kadınları ve kızları. Ankara, Ötüken.