Megaupload
Megaupload foi un sitio web de servizo de aloxamento de ficheiros, fundado o 21 de marzo de 2005 por Megaupload Limited en Hong Kong. Dende o 19 de xaneiro de 2012 atópase inhabilitado pola FBI estadounidense por suposta infracción de dereitos de autor.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]O dominio megaupload.com atraeu polo menos 10 millóns de visitas en 2008 de acordo cun estudo de Compete.com. O servizo básico atopábase dispoñible de forma gratuíta e permitía aos usuarios subir ficheiros de até 2 xigabytes. O usuario libre non podía descargar ficheiros de máis de 1 GB, con todo o usuario rexistrado podía descargar 100 GB de ficheiro almacenados.
Calquera ficheiro subido por anónimos caducaba se non había descargas en máis de 21 días (os subidos por usuarios gratuítos, 90 días, e os subidos por Premiums, nunca). Nun primeiro momento, os usuarios debían encher un texto baseado en CAPTCHA ao descargar un ficheiro, máis tarde eliminouse este. Até unha data recente, os usuarios non rexistrados debían esperar uns 60 segundos na cola da descarga, mentres que os usuarios cun rexistro gratuíto tiñan que esperar 25 segundos; máis tarde, despois dunha remodelación na páxina de descargas, eliminouse o límite de tempo. Ambos os dous tipos de usuario debían esperar unha certa cantidade de tempo entre as transferencias despois de que unha certa cantidade de megabytes descargouse desde os servidores de Megaupload. Mediante pagamento podíase obter unha conta Premium, que outorgaba unha ampla gama de privilexios, tales como non esperar ningunha cola de ficheiros, realizar máis dunha descarga de forma simultánea, usar o programa Mega Manager na súa totalidade (sen restricións), subir arquivos protexidos con contrasinal, un espazo online ilimitado para subir os seus arquivos e non ter restricións de ningún tipo ao subir arquivos, entre outras.
Megaupload tamén posuía MegaVideo, un sitio de vídeo streaming, para aloxar ficheiros de vídeo, similar a YouTube, aínda que máis especializado en vídeos longos, como filmes e series de televisión.