Saltar ao contido

Mauremys mutica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Mauremys mutica

Mauremys mutica kami no Museo Nacional de Ciencia do Xapón de Toquio.
Estado de conservación
En perigo
En perigo
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Reptilia
Orde: Testudines
Familia: Geoemydidae
Xénero: Mauremys
Especie: Mauremys mutica
Nome binomial
Mauremys mutica
(Cantor, 1842)
Sinonimia[1]
Mauremys mutica mutica
  • Emys muticus Cantor, 1842
  • Emys mutica Gray, 1844
  • Clemmys mutica Boettger, 1888
  • Damonia mutica Boulenger, 1889
  • Clemmys schmackeri Boettger, 1894
  • Geoclemys mutica Siebenrock, 1909
  • Cathaiemys mutica Lindholm, 1931
  • Annamemys grochovskiae Tien, 1957
  • Annamemys groeliovskiae Battersby, 1960 (ex errore)
  • Mauremys mutica McDowell, 1964
  • Mauremys muica Zhou & Zhou, 1991 (ex errore)
  • Mauremys grochovskiae Iverson & McCord, 1994
  • Mauremys mutica mutica Yasukawa, Ota & Iverson, 1996
  • Cathaiemys mutica mutica Vetter, 2006
Mauremys mutica kami
  • Mauremys mutica kami Yasukawa, Ota & Iverson, 1996
  • Mauremys mutica karni Ferri, 2002 (ex errore)
  • Cathaiemys mutica kami Vetter, 2006

A Mauremys mutica é unha especie de tartaruga de tamaño medio (arredor de 19,5 cm), e semiacuática da familia Geoemydidae. Esta especie ten unha característica franxa amarela ancha que se estende detrás do ollo e no pescozo; a súa cuncha varía de cor dende o marrón a marrón agrisado e o plastrón é amarelo ou laranxa con manchas negras ó longo dos bordos exteriores.[2] Habita en Asia, e o seu hábitat esténdese polo Vietnam central cara ó norte pasando polas provincias do sur e o centro da China. Ademais, existen poboacións insulares en Taiwán, Hainan, nas illas Ryukyu e o Xapón.[3] Crese que as poboacións xaponesas poden ser debidas a introducións da especie dende Taiwán.[4]

  1. Fritz Uwe; Peter Havaš (2007). "Checklist of Chelonians of the World" (PDF). Vertebrate Zoology 57 (2): 231–232. ISSN 1864-5755. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 17 de decembro de 2010. Consultado o 29 de maio de 2012. 
  2. Ernst, Turtles of the World
  3. Asian Turtle Trade Working Group (2000)
  4. Yasukawa (1996)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]