Saltar ao contido

Materialismo dialéctico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Parte da serie sobre
Marxismo
Conceptos fundamentais
Alienación
Burguesía
Comunismo
Explotación
Forzas produtivas
Hexemonía cultural
Loita de clases
Materialismo dialéctico
Materialismo histórico
Medios de produción
Modo de produción
Plusvalía
Proletariado
Relacións de produción
Teoría do valor-traballo
Outras ligazóns
Marxismo
Economía marxista

O materialismo dialéctico é considerado pola maioría de marxistas como a base filosófica do marxismo. Como o seu nome indica, é unha combinación da dialéctica hegeliana e o materialismo filosófico de Ludwig Feuerbach, Karl Marx e Friedrich Engels. Emprega os conceptos de tese-antítese-síntese para explicar o crecemento e desenvolvemento da historia humana. Inda que Hegel e Marx nunca empregaron o devandito modelo de tese-antítese-síntese nas súas formulacións, é agora empregado comunmente para ilustrar a esencia deste método.

Algúns teóricos marxistas, críticos do materialismo dialéctico, defenderon unha resituación do traballo de Engels Dialéctica da natureza na teoría marxista. Consideran que o termo materialismo dialéctico xorde co teórico ruso Georgi Plejanov e que Marx preferiu o termo concepción materialista da historia, posteriormente resumido como materialismo histórico por Engels. Isto limita o método a un contexto sociolóxico especificamente humano, non sendo, polo tanto, unha teoría universal aplicable a tódolos campos científicos.

Mentres o materialismo dialéctico ten sido tradicionalmente asociado case en exclusiva co marxismo, hai quen argumentou que dita filosofía é aplicable a unha visión do mundo non marxista tamén.

Materialismo

[editar | editar a fonte]

En esencia, o materialismo contesta a cuestión fundamenteal da filosofía dando preeminencia ao mundo material: resumidamente, o material precede ao pensamento.

O materialismo considera que o mundo é material, que tódolos fenómenos no universo consisten en materia en movemento, e que tódalas cousas son interdependentes e están interconectadas, e se desenvolven de acordo cunha lei natural, que o mundo existe fóra de nós e con independencia da nosa percepción, que o pensamento é un reflexo do mundo material no cerebro, e que o mundo é en principio cognoscible.

Dialéctica

[editar | editar a fonte]

A dialéctica é en esencia a lei máis xeral de desenvolvemento da natureza, sociedade e pensamento. As súas características principais son as seguintes:

  • O universo non é unha mestura accidental de elementos separados uns dos outros, senón algo integral, onde as cousas son mutuamente interdependentes.
  • A natureza está nun estado de cambio constante.
  • O desenvolvemento é un proceso no que os cambios cuantitativos insignificantes e imperceptibles levan ao fundamental, aos cambios cualitativos. Non ocorre gradualmente, senón rápida e abruptamente, a través do paso dun estado a outro.
  • Tódalas cousas conteñen de seu contradicións internas, as cales son a causa principal do movemento, o cambio e o desenvolvemento do mundo.

Leis da dialéctica

[editar | editar a fonte]

As tres leis fundamentais da dialéctica son:

  • A lei da unidade e oposición de contrarios.
  • A lei do paso dos cambios cuantitativos aos cualitativos.
  • A lei da negación da negación.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Persoas

Conceptos