Marilyn Waring
Marilyn Joy Waring, nada en Ngaruawahia o 7 de outubro de 1952, é unha política e intelectual feminista neozelandesa, profesora do Centro de Políticas Públicas da Universidade Tecnolóxica de Auckland. Parlamentaria entre os anos 1975-1984. Waring precipitou a elección en 1984, ameazando con votar a favor da lexislación libre de armas nucleares de Nova Zelandia, que foi patrocinado pola oposición.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]En 1989 Waring obtivo un D.Phil. en economía política pola Universidade de Waikato cunha tese sobre o Sistema de Contas Nacionais das Nacións Unidas.[1]
O seu libro If Women Counted ("Cando as Mulleres Contan") é unha análise da economía moderna. O libro sostén que a economía dominante ignora o traballo non remunerado das mulleres, e que a economía mundial pasa por alto o valor da natureza.[2][3]
A directora de cine Terre Nash fixo unha película sobre ela, titulado "Who's Counting? Marilyn Waring on Sex, Lies and Global Economics".[4]
Obra
[editar | editar a fonte]- Women, Politics, and Power: Essays, Unwin Paperbacks-Port Nicholson Press (1984)
- If Women Counted: A New Feminist Economics, Harper & Row (1988)
- Three Masquerades: Essays on Equality, Work and Hu(man) Rights, Auckland: Auckland University Press with Bridget Williams Books (1996)
- In the Lifetime of a Goat: Writings 1984–2000, Bridget Williams Books (2004)
- 1 Way 2 C the World: Writings 1984–2006, Univ. of Toronto Press (2011)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Waring, Marilyn J. (1989). "A woman's reckoning: a feminist analysis of the power of the internationally accepted conception and implementation of the United Nations System of National Accounts" (en inglés). University of Waikato.
- ↑ "WebCite query result". www.webcitation.org (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2013. Consultado o 2018-08-19.
- ↑ "Economía feminista: por qué las teorías económicas han sido machistas desde Adam Smith – MercedesDAlessandro". mercedesdalessandro.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 20 de agosto de 2018. Consultado o 2018-08-19.
- ↑ "Who's Counting? Marilyn Waring on Sex, Lies and Global Economics". Consultado o 2018-08-19.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Marilyn Waring |