Marianne Streiff
(2019) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de agosto de 1957 (67 anos) Berna, Suíza |
Membro do Consello Nacional de Suíza | |
13 de setembro de 2010 – 27 de novembro de 2022 Circunscrición electoral: Berna | |
Member of the Grand Council of the Canton of Bern (en) | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Berna |
Ocupación | política |
Partido político | Partido Evangélico Suíço (pt) |
Páxina web | marianne-streiff.ch |
Marianne Streiff-Feller, nada o 17 de agosto de 1957 en Berna, é unha política suíza que foi presidenta desde o 4 de abril de 2014 ata o 19 de xuño de 2021 do Partido Evanxélico Suízo.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou maxisterio e durante 33 anos foi profesora nun centro de formación profesional de Berna. En 2008 obtivo un diploma en xestion de relacións públicas na Universidade de Ciencias Aplicadas en Administración de Empresas de Zúric.
De 1991 até 1998 foi concelleira en Köniz, e de 1998 ata 2010 foi deputada no Gran Consello de Berna, presidindo o grupo parlamentario do PES. En 2004, e ata 2010, dirixiu o departamento de seguridade do goberno de Köniz. Entrou no Consello Nacional en 2010; vicepresidenta do PES desde ese ano ata que o 5 de abril de 2014 o partido elixiuna a súa presidenta.[1]