Saltar ao contido

Maria Helena Vieira da Silva

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMaria Helena Vieira da Silva

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento13 de xuño de 1908 Editar o valor en Wikidata
Lisboa, Portugal Editar o valor en Wikidata
Morte6 de marzo de 1992 Editar o valor en Wikidata (83 anos)
París, Francia Editar o valor en Wikidata
Outros nomesVieira da Silva, Marie Helena
Vieira da Silva, Maria Helena
Silva, Vieira da
Da Silva, Vieira
Szenes, Marie Helena Vieira da Silva, Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Lisboa Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPintura Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpintora, artista, artista gráfica, vitralista (pt) Traducir, artista visual Editar o valor en Wikidata
Membro de
MovementoEscola de Paris (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
ProfesoresHenry de Waroquier (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Participou en
28 de xuño de 1964Documenta III (en) Traducir
11 de xullo de 1959Documenta II (en) Traducir
16 de xullo de 1955documenta (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeÁrpád Szenes Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteConcise Dictionary of Women Artists (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0196281 BNE: XX1134331 Discogs: 4312272 WikiTree: Vieira_Silva-1 Editar o valor en Wikidata
Fundación Arpad Szenes-Vieira da Silva, Lisboa.

Maria Helena Vieira da Silva, nada en Lisboa o 13 de xuño de 1908 e finada en París o 6 de marzo de 1992, foi unha pintora portuguesa, naturalizada francesa en 1956.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Filla do embaixador Marcos Vieira da Silva, Maria Helena demostrou interese polas artes dende pequena. Aos once anos comezou a estudar pintura e deseño na Academia de Belas Artes de Lisboa e, motivada pola escultura, estudou Anatomía na Facultade de Medicina de Lisboa.

En 1928 estableceuse en París, onde estudou pintura con Fernande Léger, e traballou con Duffrene e Waroquier. Alí coñeceu o seu futuro marido, o tamén pintor Árpád Szenes, de procedencia húngara, con quen casou en 1930. Vieira da Silva realizou numerosas viaxes á América Latina para participar en exposicións, como en 1946 no Instituto de Arquitectura do Brasil (IAB).

Debido ao feito de ser o seu marido xudeu e de ela ter perdido a nacionalidade portuguesa, eran oficialmente apátridas. Decidiron entón vivir durante un tempo no Brasil, durante a segunda guerra mundial e no período de posguerra. No Brasil entraron en contacto con importantes artistas locais, como Carlos Scliar e Djanira.

Vieira da Silva adicouse á ilustración e escritura de libros para rapaces. Kô et Kô, les deux esquimaux, é o título dunha historia para rapaces inventada por ela en 1933.

A partir de 1948 o estado francés comezou a adquirir as súas pinturas, e en 1956 tanto ela como o seu marido obtiveron a nacionalidade francesa. En 1960 o Goberno francés outorgoulle a súa primeira condecoración, en 1966 foi a primeira muller en recibir do Grand Prix National des Arts e en 1979 converteuse en dama da lexión de honra francesa.

Entrada do metro Cidade Universitaria, de Vieira da Silva, 1989.

Contra finais dos anos 1950, Vieira da Silva adquirira renome internacional polas súas composicións densas e complexas, influenciadas por Paul Cézanne, coas súas formas fragmentadas, as súas ambigüidades espaciais e unha paleta de cores relacionado co cubismo e coa arte abstracta.

Está considerada como unha das artistas máis importantes da arte abstracta da posguerra[Cómpre referencia], aínda que a súa pintura non sexa puramente abstracta. As súas obras aseméllanse por veces a cidades labirínticas ou mesmo a estantes de biblioteca, alegorías dunha demanda eterna do coñecemento e do absoluto.

Vieira da Silva expuxo as súas obras a través do mundo e gañou un premio de pintura na bienal de São Paulo en 1961.

Obras Ilustradas

[editar | editar a fonte]
  • René Char, L'Inclémence lointaine, con vinte e cinco gravados de buril de Vieira da Silva, Pierre Berès editor, 1961.
  • Platón, Le Banquet, tradución de Pierre Boutang, Hermann, París, 1989.
  • Maria Helena Vieira da Silva, Kô & Kô les deux esquimaux (conxunto de obras para a xuventude publicadas en 1933 con 300 exemplares na galería Jeanne-Bucher cun texto de Pierre Gueguen), nova edición, Chandeigne, París, 2005, 28 páxinas + dúas pranchas de corte ISBN 2-915540-20-9

Distincións e recoñecementos

[editar | editar a fonte]

Para honrar a memoria do matrimonio de pintores, foi creada en novembro de 1994 a Fundación Arpad Szenes-Vieira da Silva, na cidade de Lisboa.

En homenaxe a Vieira da Silva saíu un selo co deseño dunha das súas obras, que foi emitido polos correos franceses en 1993 (co valor de 5 francos).

  • Primeiro premio de tapesaría da Universidade de Bâle (1954)
  • Terceiro premio da bienal de Caracas (1955)
  • Título de Comandante da Ordem das Artes e das Letras (1962)
  • Grande Premio Nacional das Artes (1966)
  • Membro da Academia Nacional de Belas Artes Portugal (1970)
  • Grã-Cruz da Ordem de Sant-Iago de Espada (1977)
  • Título de Cavaleiro da Lexión d' Honra Francesa (1979)
  • Membro da Academia das Ciencias, das Artes e das Letras (1984)
  • Grande PremioFlorence Gould e Primeiro Grande Premio Antena 1 Lisboa (1986)
  • Medalla da Cidade de Lisboa (1988)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Harambourg, L. (1993): Maria Elena Vieira da Silva, en L'École de Paris 1945-1965, Dictionnaire des peintres, Neuchâtel, Ides et Calendes, ISBN 2-8258-0048-1
  • Colectánea (Virginie Duval, Fondation Dina Vierny-Musée Maillol, Musée Campredon...), Vieira da Silva, Reunión das Musas Nacionais, Le Seuil, 1999, 178 páxinas, ISBN 2-7118-3877-3
  • Weelen, Guy e Lassaigne, Jacques (1992): Vieira da Silva, Cercle d'Art, 366 páxinas, ISBN 2-7022-0323-X (2e edición).
  • Weelen, Guy (1993): Maria-Helena Vieira da Silva nas coleccións portuguesas. Catálogo da exposición no Museo de Pontevedra.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]