Marcador tumoral
Os marcadores tumorais son unha serie de substancias que poden detectarse, dependendo do tipo de marcador, en sangue, ouriños, feces ou outros tecidos do organismo e cuxa presenza nunha concentración superior a determinado nivel pode indicar a existencia dun cancro. Aínda que unha concentración anormal dun marcador tumoral poida suxerir a presenza de cancro, isto, en por si, non é suficiente para diagnosticalo. Xeralmente a súa utilidade redúcese a sospeitar o diagnóstico ou valorar a evolución dun tumor detectado por outros procedementos. A maior parte dos marcadores tumorais poden ser producidos tamén polas células normais, polo que existen falsos positivos. Ademais, algunhas doenzas non cancerosas provocan que os niveis de certos marcadores tumorais medren. Noutras ocasións, o resultado do test é negativo e aínda así existe un tumor maligno (falso negativo). A interpretación do resultado, tanto positivo como negativo para un determinado marcador tumoral pode chegar a revestir gran complexidade, polo que é imprescindible o asesoramento médico.[1][2]
Clasificación
[editar | editar a fonte]As substancias que se poden empregar como marcadores tumorais son moi heteroxéneas dende o punto de vista bioquímico e poden clasificarse nos seguintes grupos:
- Antíxenos oncofetais como o antíxeno carcinoembrionario, alfa-fetoproteína e gonadotropina coriónica humana.
- Glicoproteínas como o antíxeno prostático específico, o CA 125, CA19-9, CA 15-3 e CA72.4
- Enzimas como a lactato deshidroxenase (LDH) e fosfatase alcalina.
- Hormonas como as catecolaminas.
- Proteínas como a tiroglobulina.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Manual del Técnico Superior de Laboratorio de Análisis Clínicos. Editorial Mad S.L., 2004, ISBN 84-165-1374-4. Consultado el 1 de agosto de 2010