María Martínez Val
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1970 (53/54 anos) Baixa Saxonia, Alemaña |
Actividade | |
Ocupación | xornalista |
María Martínez Val, nada en Hannover[1] en 1970, é unha xornalista galega, foi directora de Xornal de Galicia (2011).
Traxectoria
[editar | editar a fonte]María Martínez Val comezou a traballar no xornal El Ideal Gallego (1991), para pasar rapidamente a Galicia Hoxe e El Correo Gallego. Accedeu posteriormente, a comezos da década de 2000 ao grupo Voz, onde foi directora de comunicación do grupo e da Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre. En 2008 foi fichada como subdirectora de Xornal de Galicia polo seu promotor José Luis Gómez Gómez, cando a fundación do medio[2].
En marzo de 2011 substituíu a Gómez no posto de director.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Facebook persoal.
- ↑ José Luis Gómez dá por finalizada a súa etapa como director de Xornal de Galicia Arquivado 05 de abril de 2011 en Wayback Machine., Xornal de Galicia, 1/4/2011.