Manuel Rey Gosende
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de xuño de 1841 Bastavales, España |
Morte | 17 de febreiro de 1915 (73 anos) Padrón, España |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
Datos persoais | |
Relixión | Catolicismo |
Actividade | |
Ocupación | médico, político |
Familia | |
Fillos | Ramón Rey Baltar, Andrés Rey Baltar, Cesáreo Rey Baltar |
Manuel Rey Gosende, nado en Bastavales (Brión) o 15 de xuño de 1841 e finado en Padrón o 17 de febreiro de 1915, foi un médico e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou medicina na Universidade de Santiago de Compostela. Ao rematar a carreira fixo oposicións ao Corpo de Sanidade da Armada, obtendo praza, que desempeñou por pouco tempo. Foi elixido deputado a Cortes nas eleccións constituíntes da Primeira República Española. Despois retornou a Padrón, onde exerceu a súa profesión de médico ata a súa morte o 17 de febreiro de 1915.[1]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Manuela Baltar Cortés, filla de Ángel Baltar Varela e irmá de Ernesto e Ángel Baltar Cortés, e foi pai de Ramón, Andrés, Ángela, María, Cesáreo, Dolores Josefa, Ángel, Manuela e Rita Rey Baltar.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Nova Galicia, 21-4-1915, p. 2.