Manuel Rego Nieto
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1932 Moreiras, España |
Morte | maio de 2017 (84/85 anos) Ourense, España |
Actividade | |
Ocupación | político, escritor |
Manuel Rego Nieto, nado en Moreiras (Toén) en 1932 e finado en Ourense en maio de 2017, foi un político e escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi concelleiro e tenente-alcalde de Ourense no franquismo cos alcaldes David Ferrer Garrido e Ricardo Martín Esperanza. Foi relacións públicas na Oficina Provincial de Inversións (OPRI) dependente da Deputación de Ourense, foi xerente do Hospital Santa María Nai e do Teatro Principal. Pertenceu á directiva da Coral de Ruada, da que foi presidente durante dez anos, e do Orfeón Unión Ourensana, e foi presidente do Festival do Miño. Foi o representante en Ourense do Partido Carlista. Finou en Ourense en maio de 2007.[1]
Obra
[editar | editar a fonte]- El Festival del Miño, 1992.
- Moreiras en postais, 2000.
- Anduriñas en Solveira, 2001.
- Arquitectura popular en Solveira de Paderne, 2003.
- Carlistas que ya no están, 2003.
- Jóvenes de Acción Católica, 2004.
- Planean las gaviotas, 2004.
- Recuerdos de un barrio, 2004.
- Imágenes carlinas, 2005.
- Consello de Forzas Políticas Galegas, lembrando o anecdótico, 2006.
- Cousas do Teatro Principal, 2007.
- Los fueros, 2007.
- Exclusivamente ourensano, 2005-2007.
- Lembranza de xentes leais, 2014.
- La Región, 2016.
- A xeito de memorias.
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]Fillo predilecto de Toén.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Redacción (22 de maio de 2017). "Un carlista que amaba Toén". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 18 de maio de 2023.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Barrera, F., ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI. El Correo Gallego. ISBN 84-8064-113-4.