Saltar ao contido

Manuel Piñeiro Zúñiga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaManuel Piñeiro Zúñiga
Biografía
Nacementoc. 1901 Editar o valor en Wikidata
Noia, España Editar o valor en Wikidata
Morte4 de outubro de 1936 Editar o valor en Wikidata (34/35 anos)
Mondariz, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepaseo, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaValle de Cuelgamuros (1959–)
Mondariz (1936–1959) Editar o valor en Wikidata
Concelleiro
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncomerciante, político Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 3256

Manuel Piñeiro Zúñiga, nado en Noia cara a 1901 e finado en Mondariz o 4 de outubro de 1936, foi un comerciante e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Comerciante de Amorín e membro da sociedade agraria, foi nomeado vicesecretario da Sociedad Judicial Agraria presidida por Antón Alonso Ríos en febreiro de 1932.[1] Na República foi concelleiro de Tomiño.[2] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido, levárono ao seminario de Tui, e despois foi asasinado no Alto do Confurco xunto con Fernando Rubio Estévez, Manuel Pérez Besada, Domingo Páramos Núñez, Hipólito Gallego Camarero e Francisco Rodríguez Otero. Foron soterrados nunha fosa común en Mondariz. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en 1939 e foi sancionado con 50.000 pesetas.[3] Os seus restos, xunto cos doutros 34 da provincia de Pontevedra, foron trasladados ao Valle de los Caídos o 26 de marzo de 1959.[4]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou en Amorín con Pilar Zúñiga Álvarez en 1928.[5]

  1. El Pueblo Gallego, 12-2-1932, p. 6.
  2. Base de datos de concelleiros represaliados
  3. El Pueblo Gallego, 21-11-1939, p. 7.
  4. "Han sido trasladados a Cuelgamuros los restos de 35 caídos pontevedreses", El Pueblo Gallego, 27-3-1959, p. 3.
  5. Heraldo de Galicia, 24-6-1928, p. 7.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]