Saltar ao contido

Manuel José Quintana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaManuel José Quintana

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(es) Manuel José Quintana y Lorenzo Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento11 de abril de 1772 Editar o valor en Wikidata
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Morte11 de marzo de 1857 Editar o valor en Wikidata (84 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio de La Almudena Editar o valor en Wikidata
Senador de España
15 de decembro de 1838 – 11 de marzo de 1853 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Salamanca Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor, poeta, político Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoPoesía Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Кинтана Мануэль Хосе)
Meyers Konversations-Lexikon, 4ª edición (1885–1890)
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
BNE: XX827069 Find a Grave: 216546446 Editar o valor en Wikidata


Manuel José Quintana nado o 11 de abril de 1772 e finado o 11 de marzo de 1857, foi un poeta, biógrafo, político e literato español de orixes estremeñas.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Formación

[editar | editar a fonte]

Na Universidade de Salamanca estudou Dereito e Filosofía, sendo discípulo de Juan Meléndez Valdés. Na súa formación, asimilou un marcado carácter neoclásico e racionalista, sendo admirador do enciclopedismo francés. Viviu na Universidade cos escritores Gaspar Melchor de Jovellanos e Nicasio Álvarez de Cienfuegos.

Vida profesional e literaria

[editar | editar a fonte]

Despois de completar os seus estudos en Salamanca, exerceu a avogacía, pero interesouse pola boa literatura, publicando poesía e obras dramáticas e implicándose cada vez máis na vida política, especialmente durante e despois das invasións francesas.

En 1801, Quintana publicou sen grande éxito unha traxedia titulada El duque de Viseo, inspirada no Castle Spectre de Matthew Gregory Lewis. A continuación seguiu a obra patriótica de inspiración histórica Pelayo (1805) sobre o personaxe de Paio de Asturias, que tivo moito éxito naqueles tempos convulsos, no contexto das guerras napoleónicas. Despois dedicouse á escritura biográfica, publicando Vidas de Españoles Célebres (Madrid, 1807), unha colección biográfica de marcado carácter patriótico.

Os seus 34 poemas están inspirados en sentimentos de filantropía e patriotismo. Aínda que o seu estilo é ás veces afrancesado e considerado superficial, achegándose ao neoclasicismo da xeración anterior, a súa nobreza de sentimento e a forza retórica da súa escrita cativaron a varias xeracións de españois. A temática da súa obra achégao aos escritores románticos posteriores.

Como mecenas, favoreceu o acceso e integración do galego Nicomedes Pastor Díaz nos círculos literarios en Madrid.

Política

[editar | editar a fonte]

No medio da crise provocada polas invasións napoleónicas, foi nomeado secretario das Cortes españolas e da súa Junta Suprema, publicando odas e proclamas que serviron para inflamar o sentimento patriótico español. En 1808 publicou as súas Poesías patrioticas e fundou o Semanario patriotico, que publicou primeiro en Madrid e despois en Cádiz.

Foi nomeado en 1814 membro da Real Academia Española, gozando dunha gran sona entre os intelectuais liberais e sendo considerado un dos seus grandes poetas patrióticos.

Malia o seu evidente patriotismo, tras o regreso de Fernando VII de España foi detido e recluído no cárcere de Pamplona entre 1814 e 1820. Tras ser liberado e rehabilitado, tras a sublevación de Riego, foi nomeado funcionario, reiniciando o seu ascenso social.[1]

Restaurado nos seus cargos, foi ministro do Consello Real (1834) e presidente da Dirección de Estudios (1836). Nomeado titor da nova futura raíña Isabel II de España (1840), foi elevado a senador e laureado co título de poeta de España en 1855.[1]

Pasamento

[editar | editar a fonte]

Quintana morreu en Madrid aos 84 anos, sendo considerado un dos autores destacados da literatura española de principios do século XIX. Hoxe o seu traballo está moi esquecido.

Obra publicada

[editar | editar a fonte]

Ademais de múltiples discursos e pregóns, Quintana é autor das seguintes obras principais:

  • A la paz entre España y Francia (1795), ode;
  • Al combate de Trafalgar (1805), ode;
  • Colección de poesías castellanas (1807), antologia poética;
  • Poesías patrióticas (1808), poesia de combate político;
  • La musa épica (1833), antologia poética,
  • El duque de Viseo (1801), teatro;
  • Pelayo (1805), teatro;
  • Vidas de Españoles Célebres (1807, 1830 e 1833), 3 volumes de biografias e panegíricos;
  • Cartas a lord Holland (1852), polémica política.
  1. 1,0 1,1 España, Senado de. "Senado de España: home". www.senado.es (en castelán). Consultado o 2022-07-30. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]