Saltar ao contido

Mannanafnanefnd

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Mannanafnanefnd ou Comité Islandés para os Nomes é un corpo estabelecido en 1991 que rexe a introdución de nomes propios outogardos en Islandia.

Historia e características

[editar | editar a fonte]

Os membros do comité son renovados cada catro anos, e escollido polo Ministro de Xustiza segundo as recomendacións da Universidade estatal. A súa función é determinar se un nome que non foi utilizado antes no país resulta acaido para a integración na lingua islandesa. Para ser aceptado, o nome só ten que conter as letras atopadas no alfabeto islandés, e ten que ser capaz de ser declinado segundo o caso gramatical. O nome é tamén considerado para a súa compatibilidade contando coas tradicións, e en función de se pode ser motivo de vergoña ou problemas sociais para o individuo.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]