Saltar ao contido

Mandarina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mandarinas.
Mandarinas.

A mandarina é un hesperidio, froito da mandarineira[1]. Pénsase que o seu nome se debe debe á súa orixe asiática e á cor dos traxes dos mandaríns da antiga China. A pel de cor amarela viva ou alaranxada é delgada, rugosa e facilmente separábel da polpa. Está dividida en 10 esgallos e o seu sabor é agradábel e doce.

Aínda que ten unha menor cantidade de vitamina C que outros cítricos, presenta máis cantidade de carotenoides na súa composición, o cal lle proporciona unha importante actividade antioxidante.

Os seus tipos son:

  • Clementinas (Citrus reticulata): máis serodias, de menor tamaño e mellor calidade no gusto. Conteñen pebidas.
  • Satsumas (Citrus unshiu): as máis precoces, cuns froitos de maior e peor calidade gustativa. Non teñen pebida.
  • Outros: híbridos, ornamentais, mandarineira cleopatra, Citroyer etc.

A mandarina é coñecida polo seu efecto diurético, dixestivo e aumento na eficiencia física. Tamén está indicada nas hipertensións arteriais e na prevención da arterioesclerose.

Principais produtores

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre botánica é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.