Músculo esternocleidomastoideo
O músculo esternocleidomastoideo ou esternocleidomastoide é un músculo da rexión superficial lateral do pescozo. As funcións principais son a de rotación da cabeza cara ao lado oposto e a flexión do colo. O esternocleidomastoideo está innervado polo nervio accesorio. Provén do cranio e vai ata as clavículas e escápulas.ercións
- A nivel superior insírese na liña nucal superior e na apófise mastoide do temporal.
- A nivel inferior insírese na cara superior da clavícula (parte posterointerna) e na fosa supraesternal do esterno.
Relacións
[editar | editar a fonte]Ten unha cara superficial en contacto coa aponeurose cervical superficial e unha cara profunda relacionada co paquete vasculonervioso do pescozo, formado pola arteria carótide común, nervio vago e vea xugular interna. Na parte superior do pescozo a carótide común divídese en carótide interna e carótide externa.
Innervación e función
[editar | editar a fonte]É innervado polo nervio accesorio (XI par cranial), raíces C2-C3. A súa función é a de manter a testa erguida e elevar os ombros.