Módulo de mando e servizo Apollo
Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
|
O módulo de mando e servizo Apollo, ou Apollo CSM polas súas siglas en inglés, foi un dos principais compoñentes da nave Apollo da NASA usada no programa Apollo para enviar a humanos á superficie lunar entre 1969 e 1972. O CSM servía como nave nai, transportando a tres astronautas e ao módula lunar Apollo a órbita lunar para logo devolver á tripulación á Terra.
Estaba formada por dúas partes: o módulo de mando, cónico, que acollía aos astronautas e ao equipamento necesario para a reentrada atmosférica e o amaraxe; e o módulo de servizo, cilíndrico, cos sistemas necesarios para a propulsión, a enerxía eléctrica e o almacenamento de varios consumibles necesarios para a misión. Unha conexión umbilical unía as dúas partes para transferir enerxía e consumibles. Antes da reentrada o módulo de mando separábase do módulo de servizo, cortándose a conexión umbilical e deixando destruirse o módulo de servizo na atmosfera mentres o módulo de mando facía unha entrada segura.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Módulo de mando e servizo Apollo |