Lynx (navegador)
Lynx | |
---|---|
A páxina de portada da Galipedia no navegador Lynx | |
Desenvolvedor(es) | Thomas Dickey |
Última versión | 2.8.7 (5 de xullo de 2009) |
Repositorio | github |
Sistema operativo | Linux, Windows |
Tipo | Navegador |
Licenza | GNU GPL |
Sitio web | https://lynx.invisible-island.net |
Lynx é un navegador web de só texto, isto é, non mostra os gráficos nin o formato das páxinas.
Lynx foi creado pola Universidade de Kansas para o seu sistema de información intra-campus, que corría sobre UNIX. Co tempo, converteuse nun cliente de gopher e finalmente nun navegador web. Lynx publícase baixo a licenza GNU e úsase cando os contidos son máis importantes que os gráficos e as conexión son lentas.
Características
[editar | editar a fonte]Lynx é usado en terminais de cursor direccionable e celas de caracteres, ou emuladores de terminal (incluíndo terminais VT100 e paquetes de software para computadoras de escritorio que emulan terminais VT100, como Kermit ou Procomm. Orixinalmente foi desenvolvido para UNIX e VMS e aínda hoxe distribúese con varias distribucións de GNU/Linux. Oficialmente existen versións para Microsoft Windows (Windows 95 e posteriores), DOS, OS/2 e FreeBSD, AmigaOS, Atari TOS, BeOS entre outros tantos[1][2]. As versións para Mac OS X son provistas por OSXGNU[3].
A súa simplicidade facilita que un lector de pantalla traballe sobre este navegador, o que o converteu nunha opción para usuarios con problemas de visión [4][5]. Lynx tamén se usa para comprobar a usabilidade dun sitio web en navegadores web antigos[6].
Para navegar con Lynx pódese seleccionar unha ligazón coas teclas de dirección ou, activando unha opción para numerar as ligazóns, ingresando o número de cada enlace. As versións actuais teñen soporte para varias características de HTML. Inclúe soporte para marcadores, cookies. O contido das táboas é mostrada en varias liñas de texto, onde o final de cada fila da táboa represéntase cun salto de liña. Os frames son identificados por un nome e navégase por eles coma se fosen páxinas independentes. Lynx pode mostrar arquivos locais e inclúe soporte para os protocolos Gopher, FTP, WAIS, NNTP, Finger, ou servidores cso/ph/qi, e servizos accesibles a través de conexións a contas telnet, TN3270 ou rlogin[7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Lynx Release 2.8.5 - New features[Ligazón morta]
- ↑ Platforms Lynx will run on
- ↑ "PROJECT DETAIL for Lynx text web browser". Arquivado dende o orixinal o 30 de marzo de 2007. Consultado o 22 de maio de 2007.
- ↑ "Sound Enhanced Lynx Web Browser". Arquivado dende o orixinal o 11 de febreiro de 2012. Consultado o 22 de maio de 2007.
- ↑ BLYNX: Lynx Support Files Tailored for Blind and Visually Handicapped Users
- ↑ Digital Web Magazine - Accountability of Accessibility and Usability
- ↑ "Lynx Users Guide v2.8.5". Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2006. Consultado o 22 de maio de 2007.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lynx |