Luis Urrengoetxea
Nome orixinal | (es) Luis Urrengoetxea Agirre |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 1879 Amorebieta-Etxano, España |
Morte | c. década de 1940 (60/70 anos) |
Alcalde de Amorebieta-Etxano | |
1914 – 1916 | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Partido político | Eusko Abertzale Ekintza - Acción Nacionalista Vasca Euzko Alderdi Jeltzalea - Partido Nacionalista Vasco |
Luis Urrengoetxea Agirre, nado en Amorebieta, Biscaia en 1879, foi un político vasco de esquerdas e nacionalista, un dos fundadores de Acción Nacionalista Vasca (ANV).
Biografía
[editar | editar a fonte]Traballou como avogado e foi propietario de leiras na comarca biscaíña do Duranguesado. Durante a primeira década do século XX pasou de estar dentro da contorna do PNV, arredándose finalmente no 1905-1906 e achegándose ó semanario Euskalduna. No ano 1907, dimitiu como rexedor do concello de Bilbao por diverxencias coa dirección do partido. Porén, foi alcalde de Amorebieta entre 1914 e 1916 dentro das filas do PNV, e deputado da Deputación Foral de Biscaia de 1917 a 1919. Asistiu á Asemblea de Deputacións celebrada en Vitoria o 16 de xullo de 1917, á Comisión de Foros de Donostia o 13 de agosto do mesmo ano e á Conferencia das Deputacións de Vitoria o 19 de novembro de 1918 que pretendía promover a redacción dun estatuto de autonomía para o País Vasco. En 1917, foi presidente da Xunta de Instrución Pública da Deputación de Biscaia, presidida por Ramón de la Sota. En 1930 foi un dos asinantes, xunto con Anacleto Ortueta e Tomás Bilbao do Manifesto de San Andrés que deu pé á fundación de Acción Nacionalista Vasca. Foi candidato de ANV por Biscaia nas eleccións xerais españolas de 1931, pero non foi escollido. Morreu en Bilbao, por razóns que non son coñecidas.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: País Vasco |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Luis Urrengoetxea alcalde de Amorebieta. Celebración dos cen anos (en éuscaro)
- Casa de Luis Urrengoetxea Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine. (en éuscaro)
- Na Biblioteca Nacional De España (en castelán)