Luis Piedrahita
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de febreiro de 1977 (47 anos) A Coruña, España |
Educación | Universidade de Navarra |
Actividade | |
Ocupación | director de cinema, guionista |
Páxina web | luispiedrahita.com |
Luis Piedrahita Costa, nado na Coruña o 19 de febreiro de 1977, é un humorista, mago, guionista, director de cine e presentador de televisión galego.
Fíxose famoso polas súas aparicións en televisión e radio, sendo especialmente apreciado polos seus monólogos. É coñecido como "O rei das cousas pequenas", xa que en moitos dos seus monólogos critica o pouco respecto que os humanos mostran aos obxectos do día a día (retretes, vasoiras, ambientadores etc.).
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi ao colexio concertado xesuíta Santa María do Mar. Desde novo afeccionouse á maxia e gañou dous premios: o segundo premio de Micromaxia no congreso de Valongo (Portugal, 1998) e o Campionato de España en Micromaxia en 1999. Coñecido como "O rei das cousas pequenas", Luis Piedrahita gañou o I Certame de Monólogos de El club de la comedia, tras o cal fíxose guionista e actor fixo no devandito programa.
Estudou Comunicación Audiovisual na Universidade de Navarra e especializouse en escritura de guión.[1] Tras isto contratárono en Telecinco.
Radio e televisión
[editar | editar a fonte]En televisión colaborou como guionista con Cruz y Raya, La Noche de Fuentes y Cía, Con dos tacones e 1, 2, 3, A leer esta vez. Deuse a coñecer para o público polas súas intervencións no programa de monólogos El club de la comedia emitido en varias cadeas de televisión españolas.
Tamén participou no programa de Buenafuente ou no Estival de Santa Cruz (Valladolid) onde fixo La Comedia del Gato xunto a outros humoristas como Agustín Jiménez e Pedro Reyes.
En televisión presenta o programa de maxia Nada x aquí do que foi guionista e director durante dúas tempadas; participou tamén nun programa emitido por Cuatro en prime time El Hormiguero e no seu homólogo radiofónico, No somos nadie, presentado igualmente por Pablo Motos.
Entre outubro e novembro de 2020 presentou na Televisión de Galicia o programa musical A voltas coa música, do que só se emitiron catro episodios.[2]
Cine e teatro
[editar | editar a fonte]Na súa faceta como guionista colaborou en cine: Cosas que hacen que la vida valga la pena (2004), e en teatro: Cinco hombres.com e Cinco mujeres.com, La vida según San Francisco, Entre fuerte y flojo. En abril de 2007 dirixiu xunto con Rodrigo Sopeña unha película de suspense titulada La habitación de Fermat, presentada no festival Internacional de cine de Cataluña, Sitges.
Obra
[editar | editar a fonte]- ¿Un cacahuete flotando en una piscina sigue siendo un fruto seco? (2005, ISBN 84-03-09646-1)
- ¿Cada cuánto hay que echar a lavar un pijama? (2006, ISBN 84-03-09736-0)
- Dios hizo el mundo en siete dias... y se nota (2007, ISBN 84-03-09859-6)
- Cómo ser un Malasombra: Por Luis Piedrahita (ISBN 84-03-09859-7)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "‘Cher Amí', coproducida por la Universidad de Navarra, nominada al Goya a la mejor película de animación" (en castelán). 12 de xaneiro de 2010. Consultado o 27 de outubro de 2020.
- ↑ "'A voltas coa música', un divertido xiro aos concursos musicais, chega hoxe á TVG con Luis Piedrahita á fronte". CRTVG. 26 de outubro de 2020. Consultado o 27 de outubro de 2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Luis Piedrahita |